_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía completa a tramitación urbanística que permitirá ampliar a depuradora de residuais de Ferrazo

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de comunicar ao Concello de Vilagarcía a aprobación definitiva da modificación puntual nº 11 do PXOM de Vilagarcía, o trámite necesario para poder levar a cabo a ampliación da depuradora de augas residuais de Ferrazo. Rematado todo o procedemento urbanístico, os últimos pasos a dar para ver completada a actuación quedan en mans da Xunta de Galicia, a quen corresponde presentar o proxecto definitivo ante o Concello para xestionar a licenza de obra, licitar e executar os traballos.
03.08.2024. A ampliación da EDAR realizarase nos terreos anexos á actual planta de Ferrazo, nuns 9.500 metros cadrados que xa son de titularidade pública, pero aos que houbo que cambiar a cualificación urbanística para permitir construír neles. Este foi o motivo da modificación puntual 11 do PXOM, a través da cal a parcela de Solo Urbano Non Consolidado pasa a ser Solo Urbano Consolidado, atendendo ao interese xeral da obra a executar.

A ampliación da EDAR de Vilagarcia é unha actuación das consideradas como prioritarias no Plan de Saneamento Local da marxe esquerda da Ría de Arousa e que se financiará con fondos europeos. A necesidade de executar esta obra débese a que, debido ao aumento poboacional de Vilagarcía das últimas décadas e ao correspondente crecemento da rede municipal de saneamento, as instalacións actuais se atopan ao límite da súa capacidade de tratamento e depuración, facendo necesario unha ampliación que garanta, non só dar servizo á poboación actual, senón tamén dimensionar axeitadamente a planta con previsión de futuro e evitar verteduras ao mar.

Ante esta situación, o goberno local de Vilagarcía amosou a súa satisfacción porque se teña concluído o longo trámite urbanístico (iniciado en 2022) e confía en que, tendo en conta a urxencia da actuación prevista, a Xunta de Galicia axilice ao máximo os pasos que lle corresponde dar nesta última fase para ver completado un proxecto moi necesario para a cidade de Vilagarcía e para o coidado medioambiental da Ría e dos seus sectores produtivos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -