_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
A Praza de Abastos de Vilaxoán estreará en setembro os equipos de refrixeración e dotarase de placas solares

O Concello de Vilagarcía vén de adxudicar a Isidro Fernández Portas o subministro e instalación dos novos equipos de refrixeración cos que dotará á Praza de Abastos de Vilaxoán. O contrato, cun valor de 31.314,80 euros, materializarase no mes de setembro debido a que as fábricas subministradoras dos equipos non traballan en agosto. Esta non será a última das melloras que o goberno local promoverá no mercado vilaxoanés, no que tamén está previsto instalar un sistema fotovoltaico para a xeración de enerxía eléctrica para autoconsumo colectivo. A actuación, que se contratará nas vindeiras semanas, requirirá un investimento doutros 21.804 euros.
05.08.2024.- No que se refire aos sistemas de frío, o contrato inclúe a adquisición, instalación e posta en funcionamento de tres cámaras frigoríficas: unha para froitas, outra para a carne e unha terceira para peixe, que se colocará debaixo do mesado das pescantinas. O contrato tamén inclúe dúas vitrinas expositoras con frío ventilado para exhibir produtos de carnicería e charcutería por un lado e froita por outro.

Con estas dúas novas medidas, o goberno local de Vilagarcía completa a modernización da Praza de Abastos de Vilaxoán, un proceso que se iniciou co arranxo da cuberta en 2018 e cun investimento de 33.000 euros, e que continuou co proxecto de reforma interior levado a cabo esta primavera e ao que o Concello destinou outros 230.000 euros do Plan Concello e das EDUSI. Tamén nos últimos meses se dotou ao mercado público dun punto de recarga para vehículos eléctricos.

Ademais de mellorar o servizo que presta á veciñanza o mercado público, con todas estas melloras o goberno local confía en que a sala de abastos de Vilaxoán atraia a máis vendedores, aumente a clientela e contribúa a fixar poboación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -