_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello aumenta un 40% a súa colaboración económica co Ameixa Rock

O Concello de Vilagarcía segue apostando polos eventos lúdicos e culturais do municipio, especialmente por aqueles que nos diferencian e contribúen a promocionar a música, a cultura e o patrimonio local, así como a dinamizar a cidade. Neste marco se encadra o Ameixa Rock do Carril, o festival para o que a Concellería de Cultura vén de incrementar nun 40% a súa colaboración económica, pasando dos 5.000 euros que se viñan concedendo nos últimos anos, aos 7.000 que recibirá neste 2024 para a organización da súa undécima edición. A axuda materialízase mediante un contrato menor de patrocinio que xa foi aprobado pola Xunta de Goberno Local.
06.08.2024.- O Ameixa Rock é un festival musical que se celebra dende hai once anos no Carril a primeira fin de semana do mes de setembro. Organizado pola Asociación Cultural Ameixa Rock, unha entidade sen ánimo de lucro, tense convertido xa en un referente na localidade e todo un elemento dinamizador da vila mariñeira. A maiores do apartado musical, no que se dan citra grupos de rock xa consolidados e espazo de promoción aos emerxentes, o Ameixa Rock inclúe un amplo programas de actividades lúdicas, turísticas e medioambientais destinadas tanto á propia veciñanza do Carril como a forasteiros, especialmente as relacionadas coa difusión do patrimonio natural e etnográfico da illa de Cortegada e do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais, todos os concertos e actividades son de balde para o público, coa excepción das visitas guiadas a Cortegada para as que, non obstante, ofértanse prezos reducidos.

Trátase dun evento que aporta un valor engadido a Carril e a todo o municipio, razón pola cal o Concello desexa que se manteña no tempo e siga medrando. De aí tamén o incremento da colaboración municipal nun ano no que a organización puxo en marcha unha campaña de crowdfunding coa que recadar cartos para financiar o festival que se desenvolverá os días 7 e 8 de setembro e que xa anunciou a Grande Amore como o primeiro grupo do cartel.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -