_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Os tickets para as consumicións na Festa da Ameixa do domingo poderán adquirirse o sábado na Praza de Galicia

Co obxectivo de evitar colas e esperas na Festa da Ameixa do Carril que se celebra o domingo, a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo, organizadora do evento, decidiu facer unha venda anticipada dos tickets para as consumicións. Será este sábado, o día anterior á cita gastronómica, na Praza de Galicia, onde todas as persoas que o desexen poderán adquirir os billetes para trocar o domingo no Carril polas racións das saborosas ameixas á mariñeira e as bebidas incluídas na carta, de xeito que o día da festa poderán dirixirse directamente ao mostrador de despacho das viandas. A carpa funcionará de 11 a 14 horas.
06.08.2024. Os prezos das consumicións mantéñense como o ano anterior. A ración de ameixa xapónica á mariñeira custará 12 euros e leva incluídos pan e prato conmemorativo. A botella de albariño tamén se venderá a 12 euros, as cervexas e refrescos a 2 euros e a auga a 1,50. Ademais dos tickets para as consumicións, na carpa da Praza de Galicia tamén se venderán produtos publicitarios da Festa da Ameixa do Carril, como camisetas a 10 euros e bolsas de tea a 8.

Os que prefiran esperarse ao mesmo día da festa, terán a oportunidade de adquirir os billetes das consumicións no recinto situado nas inmediacións da lonxa do Carril a partir das 11 da mañá do domingo. A degustación, ao igual que os actos festivos, comezará ás 12 do mediodía e manterase ata esgotar existencias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -