_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A maquinaria municipal coordina a organización dos actos das Festas de San Roque

O Concello de Vilagarcía reuniu esta mañá aos responsables de todos os servizos (internos e externos) implicados na organización e desenvolvemento dos actos das festas patronais de San Roque. Aínda que os festexos propiamente ditos celebraranse do 14 ao 25 de agosto, a longa lista de actividades e actos culturais comeza xa esta fin de semana coa Festa da Ameixa do Carril e remata o 31 de agosto coa Noite das Meigas. Polo tanto, son moitas as actividades a desenvolver e durante as vindeiras semanas, e tamén moitas as necesidades que leva cada unha delas.
07.08.2024.- A concelleira de Cultura, Sonia Outón, foi a encargada de dirixir a reunión na que tamén participou o concelleiro de Medio Ambiente, Diego García, e na que se analizaron as necesidades directas e indirectas de cada acto incluído no programa, e se coordinou a actuación de todos os servizos, de xeito que a maquinaria funcione á perfección para que os vilagarciáns e as persoas que nos visitan estes días poida gozar das festas e da cidade nas mellores condicións.

Ademais dos técnicos e persoal da Concellería de Cultura, na xuntanza participaron os responsables dos servizos municipais de Obras, Electricidade, Medio Ambiente, Xardíns, Comunicación, Policía Local e Emerxencias, ademais dos de Urbaser, a concesionaria dos servizos de limpeza viaria e recollida de lixo.

Estas reunións son un procedemento habitual de traballo no Concello de Vilagarcía e serven para concretar os operativos e loxística de cada acto das festas, tanto no relativo aos medios materiais e humanos, así como ás necesidades colaterais que producen. Labores de montaxe e recollida de escenarios, colocación e retirada de cadeiras, limpeza de rúas e mantemento de zonas verdes, sinalización de cortes de tráfico e limitación de estacionamento, comunicación das medidas e regulación da circulación ou vixilancia en concentracións de xente son só algunhas das labores que levan a cabo os departamentos municipais.

A maiores desta reunión de organización dos festexos, tamén se celebran unha Xunta Local de Seguridade e outra xuntanza para o operativo especial de seguridade do Combate Naval.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -