_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello mellorará un tramo da rede de abastecemento de Rosalía de Castro para minimizar as perdas de auga

O Concello de Vilagarcía continúa coa mellora das redes municipais de servizos básicos co obxectivo de elevar a calidade da prestación á veciñanza e garantir a sustentabilidade medioambiental dos servizos. A seguinte actuación a poñer en marcha será a renovación dun tramo da rede principal de abastecemento na avenida Rosalía de Castro co fin de evitar avarías e reducir as perdas de auga que se producen polo mal estado da vella canalización. A obra afectará ao tramo que discorre entre a Praza da Constitución e o cruce coa rúa Santa Lucía.
08.08.2024.- O proxecto, que xa foi aprobado pola Xunta de Goberno Local, está orzado en 46.295,22 euros que se financiarán cunha achega de 37.036,18 euros concedida por Augas de Galicia a través da liña de axudas para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga no sistema de abastecemento das entidades locais de Galicia, e á que o Concello engadirá os 9.259,04 euros restantes.

Unha vez aprobado o proxecto e obtida a subvención, os traballos licitaranse nas vindeiras semanas. A obra consistirá na substitución do antigo colector de fibrocemento da marxe dereita da rúa por outro de maior diámetro de PVC. En paralelo á instalación principal estenderase unha rede de servizo, tamén de PVC pero de menor caudal, para o enganche das acometidas actuais, instalaranse unha boca de rego e/ou purga e as válvulas de conexión inicial e final. Ademais, executaranse as 12 acometidas de abastecemento con chave de paso e arqueta.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -