_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello acorda a reposición do mosaico de Víctor Rúa nunha zona menos transitada da contorna da Alameda

O Concello de Vilagarcía e Víctor Rúa acordaron colaborar para repoñer e deteriorado mosaico da rúa Valentín Viqueira, obra do artista plástico arousán. Segundo o pactado, Rúa elaborará e remitirá ao Concello o deseño e o orzamento da obra a repoñer e Ravella financiará a súa instalación nun espazo da contorna da Alameda que non rexistre tránsito eventual de vehículos, causa do desgaste da composición orixinal. Deste xeito, a obra estará convenientemente protexida e en mellores condicións para ser admirada polo público.
09.08.2024.- O acordo recolle ademais que o deseño, que pasará a ser de propiedade municipal, debe ter as mesmas dimensións que o mosaico orixinal e, dado que se emprazará nun espazo de tránsito peonil, os materiais para a súa confección non poden esvarar en contacto coa auga co fin de garantir a accesibilidade e evitar riscos.

No que se refire ao espazo que ocupa o actual mosaico- valado dende hai meses para evitar tropezóns e caídas de peóns-, a zona arranxarase mediante a instalación de lousas de pedra granítica tipo país igual á do resto da rúa. Esta intervención, que se adxudicará na Xunta de Goberno Local do próximo luns, ten un custe de 14.728 euros e se levará a cabo tan pronto como se asine o contrato e se subministre o material.

Malia todo, tendo en conta o inminente inicio das festas patronais e dada a multitude de xente que acollerá Vilagarcía estes días e que, de forma especial, transitará polas rúas peonil da Baldosa e a Alameda, zonas de bares e terrazas, o Concello executará unha actuación provisional para garantir a accesibilidade e evitar riscos de caídas. De forma inmediata procederase á retirada dos restos do mosaico actual e nivelarase o firme cubríndoo cunha capa de formigón. Pasadas as festas e recibida a pedra executarase o enlousado definitivo, así como á reposición do mosaico de Víctor Rúa no seu novo emprazamento.

O mosaico de Víctor Rúa instalado no extremo de Valentín Viqueira coa Alameda, foi unha das intervencións plásticas de creadores locais coas que se decorou a rúa cando foi peonalizada en 1994, seguindo o modelo de ornamentación artística iniciado un ano antes na rúa Baldosa. Ao situarse nunha zona de entrada para o paso eventual de vehículos de carga e descarga, a composición sufriu un importante deterioro, perdendo teselas e xerando irregularidades no firme, razón pola cal foi valada hai uns meses para evitar riscos de caídas por parte dos peóns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -