_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
O alumnado do Labora Xove comeza a fase de prácticas vixiando as praias e instalando placas solares no Concello

O alumnado das especialidades de socorrismo acuático e enerxías renovables do obradoiro Labora Xove 2023 iniciou nestes días o seu período de formación en obra mediante a realización de obras e servizos para o Concello. En concreto, prestando apoio ao servizo de vixilancia das praias os primeiros, e instalando placas solares na Casa Consistorial os segundos. Coa realización desta prácticas, os 16 participantes no programa de emprego complementan a formación teórica recibida nos últimos meses de cara a obtención dos certificados de profesionalidade que lles permitirán acceder ao mercado laboral unha vez rematado o obradoiro.
10.08.2024. A realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social é unha parte básica de cara a inserción laboral do alumnado participantes nos obradoiros de emprego, xa que lles permite poñer en práctica nun entorno de traballo real os coñecementos teóricos adquiridos previamente.

Na especialidade de socorrismo acuático, o alumnado desenvolve o seu servizo nas praias de Compostela e O Campanario (Bamio), prestando apoio ao servizo de socorrismo contratado polo Concello de Vilagarcía para dar cobertura a estes dous areais durante o verán.
Nestes meses poderán aprender como se organiza o traballo, cales son as principais funcións dos socorristas e tamén poderán ver, en primeira persoa, cales son as principais incidencias coas que se atopan os socorristas no seu día a día.

O alumnado de enerxías renovables, pola súa parte, iniciou o proceso de execución dunha instalación solar fotovoltaica completa no edificio do Concello. Con esta obra acadarán unha experiencia laboral que inclúe todas as fases de execución dunha obra, dende a recepción do material, replanteo segundo as indicacións do proxecto, instalación de soportes e placas solares, instalación eléctrica e posta en funcionamento.
Ademais, unha vez rematada, a instalación mellorará considerablemente a eficiencia enerxética do edificio de Ravella, reducindo os custes grazas ao uso de enerxías renovables.

O Programa de Emprego Labora Xove, promovido polo Concello de Vilagarcía de Arousa, enmárcase nas estratexias de emprego para persoas mozas do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e está financiando con Fondos Europeos nun 60% a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -