_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno aproba o proxecto para a humanización da contorna da Praza da Peixería

O Concello de Vilagarcía xa dispón do proxecto para a humanización do tramo da avenida da Mariña no que se empraza a Praza da Peixería. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o deseño realizado pola arquitecta vilagarciá Lucía Araújo para continuar devolvendo ao peón as rúas máis céntricas e emblemáticas da cidade. A intervención afectará ao tramo de rúa que vai dende o cruce con Conde Vallellano ao da Praza do Doutor Carús, converténdoo nun paseo peonil con zonas axardinadas e árbores, amable e atractivo para o desfrute das persoas, e que porá en valor o edificio histórico da Peixería e o casco antigo da zona do Castro.
12.08.2024.- Despois da intervención de urbanismo táctico levada acabo hai uns anos para poñer a proba a peonalización nesta zona do centro da vila, o Concello aposta por consolidar a medida cunha intervención máis ambiciosa que cambiará e mellorará considerablemente unha zona que enlaza co Castro e, tamén a medio prazo, coa peonalización de Conde Vallellano. Con isto completarase a humanización do eixo principal de Vilagarcía, dando continuidade ás zonas da Praza de Galicia, Rey Daviña e A Baldosa por un lado, e de Arcebispo Lago, Castelao e Arcebispo Andrade polo outro.

A humanización da rúa na que se sitúa a Praza da Peixería tamén mellorará a accesibilidade a un edificio que ten un uso lúdico e cultural e que, polo tanto, xera un importante fluxo de persoas cando se celebran eventos.

Ademais da intervención en superficie, o proxecto prevé a renovación dos servizos de abastecemento de auga, saneamento e recollida de pluviais, así como a instalación das canalizacións soterradas para os tendidos de electricidade, alumeado público e telecomunicacións.

A redacción do proxecto financiouse cunha subvención da Rede Ágora da Deputación, programa que ten como obxectivo financiar a recuperación de espazos públicos para as persoas. Unha vez aprobado o deseño, o seguinte paso que debe dar o Concello será procurar os fondos necesarios para executar a obra orzada en 478.524,40 euros e un prazo de execución de 6 meses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -