_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vilagarcía celebra o día de San Roquiño O Pequeno co sabor “da casa” de Cruceros Manzanares e The Eskarallas

Vilagarcia vive mañá, 15 de agosto, a xornada máis “caseira” das festas patronais. A celebración de San Roquiño O Pequeno no barrio que leva o nome do santo, con procesión e reparto de empanada ao pé da capela, como manda a tradición, e as actuacións dos grupos musicais locais The Eskarallas e Cruceros Manzanares, compoñen o prato forte da axenda do día, que inclúe tamén os pasarrúas dos grupos de gaitas e a animación que pola noite ofrecerán os sempre espectaculares Festicultores co seu peculiar vehículo espacial.
AXENDA DO XOVES 15 AGOSTO

11:00 - Barrio de San Roque
Pasacalles San Roquiño O Pequeno
Grupo de gaitas Os Terribles de Arousa.

11:30 – Barrio de San Roque
Misa de San Roquiño
Cantada pola Coral Cortegada.

12:30 - Barrio de San Roque
Procesión San Roquiño
Acompañada da Banda de Música de Vilagarcía e Os Terribles de Arousa. Ao final haberá repartición de viño e empanada por xentileza do Concello.

12:30 - Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de gaitas A Queimada de Bamio

21:00 - Rúas da cidade
Pasacalles
Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa

21:00 – Praza de Galicia
Son da Casa
Cruceros Manzanares
O proxecto musical da artista vilagarciá Enma Castañeiras, “Cruceros Manzanares”, preséntase coma o primeiro grupo do xénero caspa-pop, coa tentativa de traer ao presente os sons e ritmos dos setenta e oitenta, que tanto nos fan bailar, pero á súa vez permítenos rir con todo o arcaico que arrastramos. Un grupo fresco de verán, divertido e moi bailable, que promete unha chea de cancións de amor, desamor, arrecendo a cloro e a “aftersun”.

22:30 – Praza de Galicia
Son da Casa
The Eskarallas
The Eskarallas nace entre Vilaxoán de Arousa e Santiago de Compostela en agosto de 2020. Julen (voz), Xavi (guitarra rítmica), Gorka (guitarra solista), Santi (baixo) e Fran “Trilli” (batería), distribúense entre Vilaxoán, Compostela, Arzúa e Boiro. A pesar da pandemia, os cinco apañáronse para lanzar o seu primeiro single “De que vas?”, a través de tendas dixitais e redes sociais. A tremenda acollida do público levou á banda para asinar co selo Viuda Negra de Colombia e poder lanzar o seu primeiro álbum de longa duración.

23:30 – Rúas da cidade
Festicultores Troupe
Os auténticos cultivadores de festas, acompañados sempre do seu carro de tecnoloxía punta alieníxena galaica e o seu motocultor tunnig Barreiros, farán divertir a todas as almas errantes. Aseguran que seguen a perder a cordura, e que por iso están en constante involución, empeñados en curar todas as amarguras coa festa máis revolucionaria e divertida, conquistando todas as rúas e prazas coa súa música e humor.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -