_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A festa non para en Vilagarcía: cabaré infantil e concerto de Café Quijano, pratos principais da xornada do sábado

Tras a celebración dunha das Festas da Auga máis multitudiarias dos últimos anos, os festexos de San Roque de Vilagarcía continúan a todo ritmo o sábado, 17 de agosto, con actividades para todos os públicos. Un ano máis, a cidade volve a recibir aos membros de confrarías vinícolas e gastronómicas de España, Portugal e Francia para participar no Capítulo da Confraría do Viño Rías Baixas. O público familiar ten unha cita moi especial na rúa Castelao cun divertido cabaré infantil e o famoso grupo Cajé Quijano porá o toque musical a unha xornada na que tamén regresan os pasarrúas tradicionais e os videoxogos que nos trae a Xira Nintendo Switch Tour 2024.
AXENDA DO SÁBADO 17 AGOSTO

11:00 - Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo de gaitas A Nosa Señora da Xunqueira

XVIII Capítulo da Confraría do Viño Rías Baixas
10:30 Concentración de confrarías no xardín de Ravella
10:45 Desfile dos confrades das entidades vinicogastronómicas dende o xardín de Ravella ata o Salón García. Amenizará o paseo o grupo de gaitas A Nosa Señora da Xunqueira
12:00 Acto principal do XVIII Capítulo da Confraría do Viño Rías Baixas

12:00 – Rúa Castelao
Pequeno cabaré infantil
Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste na instalación dun vistoso escenario na rúa, ao xeito dunha barraca de feira ou de circo antigo, e no que o mestre de cerimonias Pedriño Mendrugo e a súa artista internacional Jacinta Florette farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños ao transformar algúns contos populares dende un punto de vista moito máis cómico e actual. Un espectáculo cun ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable.

17:00 – 23:00 – Praza da II República
Xira Nintendo Switch Tour 2024
Un ano máis recibimos a visita do Nintendo Switch Tour e poderemos gozar dos mellores videoxogos de xeito gratuíto. Un plan gratuíto, perfecto para gozar en compañía e apto para todos os públicos (torpes aos mandos incluídos).
Os grandes protagonistas do circuíto serán Mario e os seus amigos: Luigi, Peach, Toad, Daisy, Yoshi... personaxes que, con case corenta anos de historia, son unha icona mundial de diversión.

21:00 - Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo folclórico Mocedade da Torre 83

22:30 – Parque da Xunqueira
Concerto: Café Quijano- Manhattan Tour 2024
Sen dúbida, Café Quijano ten un dos directos máis espectaculares e sorprendentes que se poden ver sobre un escenario. Un show de máis de dúas horas de auténtico espectáculo que ofrece ao público unha viaxe trepidante a través de vinte e cinco anos de éxitos presentes en varias xeracións. O espectáculo non está só no que cantan, senón, tamén, no que contan. As súas cancións son curtametraxes que se entrelazan coa intrahistoria narrada entre canción e canción.
Café Quijano non só forma parte da historia da máis exquisita música española, senón que as súas cancións son éxitos que transcenderon en medio mundo e seguen sendo un dos artistas españois máis recoñecidos internacionalmente, colaborando con artistas da altura de Celine Dion, Carlos Santana, Armando Manzanero, HerbieHancock, Black Eyed Peas, Joaquín Sabina…
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -