_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Anni B. Sweet protagoniza o concerto do domingo e o Festaclown desprega a carpa do circo a partir do luns


Despois do momento álxido da Festa da Auga e do concerto que Anni B.Sweet ofrecerá mañá, domingo 18 de agosto, na Xunqueira, as Festas de San Roque volven a coller velocidade a partir do luns coa chegada do Festaclown. O festival da risa despregará a súa gran carpa circense sobre as rúas e prazas de Vilagarcía para desenvolver os seus sorprendentes, divertidos e coloridos espectáculos ao longo de toda a semana. Comezará o luns 19 con dúas estreas en Galicia, a da compañía colombiana Tchimizagagua pola mañá, e a do grupo 7Bubles pola tarde. Tamén pola tarde desenvolverase a segunda e última xornada da Xira Nintyendo Switch na Praza da II República. E a noite será o momento para a lírica grazas ao concerto "Querida Montserrat, Querido Luciano" interpretado respectivamente pola filla e a sobriña destes dous grandes divos do "bel canto".
AXENDA DON DOMINGO 18 AGOSTO

12:30 - Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo de gaitas Treboada de Guillán

17:00 – 23:00 – Praza da II República
Xira Nintendo Switch Tour 2024

21:00 - Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo de gaitas Malveiras

22:30 – Parque da Xunqueira
Concerto: Anni B. Sweet
A artista malagueña é unha das grandes revelacións no panorama musical español nos últimos anos e virá a Vilagarcía acompañada da banda Rufus T. Firefly.
Debutou en Subterfuge no 2009 con Start, Restart, Undo, un disco de folk melancólico e delicado, cando era moi nova. Rapidamente se colocou na primeira liña da música española e deu o salto internacional: o álbum foi publicado en once países, e xirou por América, Europa e Asia. Con este disco conseguiu ser a máis nova creadora nomeada a Artista Revelación e Autor Revelación nos Premios da Música e, igualmente, foi galardoada co premio Guille á Mellor Artista Pop, entre moitos outros.
En 2019 Anni B Sweet sacou ao mercado Universo por Estrear, o seu cuarto álbum e primeiro en español.
O seu último disco será a base principal deste concerto, un traballo co que a autora se lanzou ao pop perfecto de retrousos infecciosos con arranxos de electrónica retrofuturista e neopsicodelia. “Unha marabilla dunha das nosas artistas máis internacionais”, segundo a crítica.
Ao longo da súa carreira, Anni B. Sweet realizou colaboracións con Sidonie, Coque Malla, Los Secretos, Lori Meyers ou Mikel Erentxun, por citar só algúns. No verán de 2014, a compositora malagueña protagonizou o spot dunha coñecida marca de cervexa xunto co cantante norteamericano John Legend.
A última colaboración data de 2022, cando se aliou con Los Estanques para compoñer un dos discos máis interesantes do panorama actual español: Burbuja Cómoda y Elefante Inesperado.

AXENDA DO LUNS 19 AGOSTO

19:30 – Rúas da cidade- Animaclown
Tchimizagagua: Pasarrúas "Sueños Encantados" (estrea en Galicia)
Fundada en 1985 en Bogotá (Colombia), a Fundación Teatral Tchyminigagua persegue traballo, coñecemento e identidade, elaborando unha linguaxe teatral para vivir e compartir unha misión cultural, social e política. Un equipo humano estable formado no seo do grupo encárgase de producir as súas creacións, integrando profesionais da escritura, a dirección, a interpretación, as acrobacias, a danza ou a música, que fortalecen a técnica teatral Tchyminigagua: Forza, ritmo e enerxía, unha linguaxe acrobática, teatral e circense propia. O seu labor artístico e o seu traballo pola memoria dende o compromiso político fíxolles gañar o recoñecemento internacional, celebrando a súa dramaturxia, música, colorido ou maquillaxes e a súa invención, patentada a nivel mundial, dos zancos en patíns. Cultura popular de transformación social.

21:00 - Rúas da cidade
Pasacalles: Agrupación folclórica Froallo.

21:00 – Rúas da cidade- Animaclown
7 Bubles: "Meninas" (estrea en Galicia)
Orixinal proposta de teatro de rúa para toda a familia. Máscaras, un boneco porfiado acrobático xigantesco e un vehículo que esperta a curiosidade de todos os públicos. Trátase dun espectáculo coa sorpresa visual como punto de partida e que une unha posta en escena enérxica cunha una escenografía e un vestiario coidados e elaborados no propio taller da compañía. Unha poética visual asombrosa a pé de rúa.

22:30 – Parque da Xunqueira
Concerto: Querida Montserrat, Querido Luciano
Por primeira vez na historia da música, réndeselle unha homenaxe chea de agarimo, respecto e admiración a dous grandes da música, un italiano e unha española unidos por un cordón umbilical: o canto.
As súas voces resoaron nos mellores teatros do mundo, dende Sidney ata Roma, dende París a Nova York. Estes grandes da ópera foron orgullo para Italia e España, dous países unidos na admiración a Montserrat Caballé e a Luciano Pavarotti. Hoxe, a segunda xeración reúnese para lembrar aos seus devanceiros: Montserrat Martí Caballé homenaxeará a súa nai, e Simona Todaro Pavarotti ao seu tío. Como artistas convidados estarán o barítono Luis Santana e a soprano lixeira María Dolores Crespo Abuín, coa participación do mestre Víctor Carbajo ao piano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -