_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Os Superroquiños regresan ás festas con Máis Saaabor! e a música continúa co novo flamenco de Antonio Carmona

Vilagarcía segue inmersa nun vórtice de diversión e alegría coas festas patronais de San Roque, cuxo programa para o martes 20 de agosto ven cargado de risas, maxia e acrobacias a través dos catro espectáculos que o Festaclown ofrecerá en sesións de mañá e tarde polas rúas e prazas da cidade. O grupo de teatro da asociación Con Eles fará a súa primeira intervención deste ano en colaboración coa compañía colombiana Tchyminigagua, e Culturactiva desembarcará en Ravella con “Máis Saaabor!”, unha curiosa food truck para os Superrroquiños. Teatro acrobático e un espectáculo de pompas de xabón completan a axenda do festival circense para unha xornada na que a música correrá a cargo do flamenco de fusión do ex cantante de Ketama, Antonio Carmona, protagonista da velada na Xunqueira.
19.08.2024.- AXENDA DO MARTES 20 AGOSTO

11:00 – Rúas da cidade
Animaclown: Pasarrúas “Animarte” (estrea)
Compañía: Igualarte, Asociación con Eles e Tchyminigagua|

12:30 - Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo de gaitas Airiños do Carril

12:30 – Praza de Ravella
Superroquiños: “Máis Saaabor!”
Proposta cómica en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable. “Máis Saaabor!” mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. “Máis Saaabor!” é máis música, máis gastronomía, máis maxia e máis ritmo! O food truck de Máis Saaabor! chega á vila, un carro de xantar de grandes dimensións do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e ganas de repetir.
Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, á alimentación saudable e ao consumo de produtos de proximidade entre o público galego.
Compañía: Culturactiva Producións| Tipo espectáculo: clown|

19:30 – Praza de Galicia
Certame Festaclown: “Burbuja”
Burbuja é unha comedia de pompas de xabón onde o público é o protagonista. Con este espectáculo percorren innumerables aventuras, espertan a maxia en grandes e pequenos e reciben aplausos entusiastas. Porque unha burbulla vale máis que mil palabras, neste espectáculo preséntanasas cheas de encanto e de humor nas súas máis diversas formas. Pero sempre sen esquecer que, aínda que as pompas de xabón desaparezan, a súa beleza e a súa maxia podemos gardalas para sempre.
Compañía: 7Bubble| Tipo espectáculo: pompas de xabón e clown

21:00 - Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo de gaitas Lumarada de Cornazo

21:00 – Praza da II República
Mostra Festaclown: “Sueños Encantados”
Espectáculo emblemático do teatro colombiano, con técnica acrobática e circense. Estreado en 1990, acadou as 3.500 funcións dende entón, e segue con sorprendente vixencia plena en festivais, eventos artísticos e culturais a nivel mundial. Enerxía, colorido, zancos e zancos sobre patíns, música, coreografías... Esta obra de Tchyminigagua tráenos imaxes de festa e entroido, a través dunha nena que nos fai soñar con encantamentos fantásticos de alegría, paz e vida.
Compañía: Fundación Tchyminigagua Tipo espectáculo:acrobacias

22:30 – Parque da Xunqueira
Concerto: Antonio Carmona
Antonio Carmona é música en maiúsculas. Un mestre do directo. Gran compositor cunha voz única, percusionista excepcional e guitarrista.
É unha referencia dunha gran saga familiar, Os Habichuela, unha familia de artistas flamencos, patrimonio cultural de España.
Dende finais dos oitenta ata principios dos anos dous mil, Antonio foi o vocalista do grupo Ketama. Seguindo os pasos dos precursores Camarón de la Isla e Paco de Lucía, fusiona o flamenco con outros sons e estilos musicais para converterse nun dos representantes máis destacados do Novo Flamenco ou Flamenco Fusión da época. Tras a súa exitosa etapa con Ketama (con máis dun millón de discos vendidos), Antonio iniciou a súa carreira en solitario. Hoxe en día segue sendo un revolucionario, un creador e un innovador, buscando sempre mesturar novos estilos e sons. Os tres discos que lanzou ata a actualidade permitíronlle facerse con prestixiosos recoñecementos, e ao longo da súa carreira colaborou cos artistas máis importantes do panorama nacional e internacional.
Este ano volve sobre o escenario co seu espectáculo “Antonio Carmona en familia”, unha auténtica festa flamenca. Rodeado dos seus, ofrece un concerto único para todos os públicos onde o baile, a forza, o “duende” e a diversión están garantidos. Un espectáculo que une a forza e a pureza do flamenco coa diversidade dos ritmos latinos e a vangarda dos sons máis actuais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -