_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O circo marroquí Colokolo estréase en Galicia co espectáculo de acrobacias “Chouf Le Ciel”

A carpa do circo segue cubrindo as rúas de Vilagarcía durante as Festas de San Roque para dar cobertura aos espectáculos máis sorprendentes, animados e coloristas do Festaclow. A xornada do mércores, 21 de agosto, vén marcada por catro citas ineludibles que traerán á cidade a personaxes como a bandoleira galega Pepa A Loba, aos divertidos superheroes da compañía Muu ou a un “Segurata” que tanto vixía un centro comercial como entreten ao público cos seus números de maxia. E a compañía marroquí Colokolo representará na Praza da II República o seu espectáculo de circo acrobático “Chouf Le Ciel”, estrea en Galicia. O día rematará con música e baile coa verbena da orquestra Olympus na avenida da Mariña.
AXENDA DO MÉRCORES 21 AGOSTO

11:00 – Parque Miguel Hernández- Festaclown Social
Cris Collazo: Pepa a Loba
Cris Collazo naceu en Santiago de Compostela en 1986 e medrou no berce dunha aldea chea de fábulas, contos e cantigas. Dos beizos das avoas saíu a maxia da literatura popular que fixeron pouso na súa formación e entendemento da arte dramática.
En 2012 viaxa a Brasil para realizar unha xira coa compañía Arte Livre, onde se afianzan as súas inquedanzas sobre o teatro infantil e a dramatización dos contos. Tras un ano de empaparse da cultura e da arte deste país, regresa a Bandeira para poñer en práctica estas aprendizaxes. Dende entón, a súa carreira artística mergúllase na creación de laboratorios, traballos audiovisuais en curtametraxes e a coordinación de proxectos teatrais e de índole social. Sempre cun obxectivo: fomentar o teatro no medio rural.
Dirixido a público entre 3 e 7 anos

12:30 – Praza de Ravella- Superroquiños
Compañía Pablo Muñoz: “El segurata” (estrea)
O espectáculo de maxia vai comezar. Pero o mago atrásase. Mentres tanto, o vixiante de seguridade encargarase de que ninguén, incluído el mesmo, toque os instrumentos do mago. Conseguirá o seu labor?
Dirixido a público de máis de 4 anos

19:30 – Praza de Galicia- Certame Festaclown
Compañía Muu: “Crunch 2”
Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. Quen non soñou con iso? Un mundo no que non é ninguén sen título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda frouxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes. Un espectáculo de circo e clown para todos os públicos.

21:00 - Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo de gaitas e baile Mar de Arousa de Bamio.

21:00 – Praza da II República- Mostra Festaclown
Compañía Colokoló : “Chouf Le Cie” (estrea en Galicia)
Malabares, acrobacias, danza e, de súpeto, explosivos voos de altura. Neste espectáculo rise, písase forte, contense a respiración, mírase cara abaixo. E logo bailas. A música é cinematográfica, a escritura acrobática, o circo marroquí sen reviravoltas.

22:30 – Avda. da Mariña
Verbena Popular
Olympus.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -