_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Os pregos do SAF sométense á aprobación da Corporación tras reducir un ano a duración máxima do contrato

A Corporación Municipal de Vilagarcía reunirase o xoves 29 de agosto en sesión plenaria para abordar, entre outros asuntos a aprobación dos pregos do novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar. Tras recoller as propostas do BNG, o goberno local eleva ao Pleno o documento definitivo, que reduce nun ano a duración máxima do contrato, que será de 4 anos (2, máis outros 2 de prorrogables anualmente). Ademais, inclúese a creación dunha mesa de seguimento na que participarán os representantes do Comité de Empresa da nova adxudicataria, órgano que implementará as reunións periódicas de control previamente establecidas entre Concello e empresa para supervisar o cumprimento dos pregos.
21.08.2024.- A concelleira de Servizos Sociais, Tania Garcia, reuniuse este mediodía cos representantes dos grupos da oposición para expoñerlles o documento definitivo e comunicarlles que se inclúe na orde do día da sesión ordinaria de agosto.

Con estas modificacións, o importe do contrato do SAF ascende a 8.038.306 euros polo período dos 4 anos. Coa aplicación dos novos pregos deste servizo fundamental na atención asistencial garántese a cobertura a todas aquelas persoas do municipio con necesidades de apio e tamén se incrementa a calidade da prestación do servizo que recibirán.

De feito, respecto ao contrato en vigor, o novo amplía o número de horas de servizo, que chegan ata as 71.508 por ano, das que 62.100 serían ordinarias e 9.408 en días festivos. Como é lóxico, os pregos teñen en conta o aumento das horas de traballo a realizar nos seguintes anos en función da previsión das novas altas que se podan producir no servizo.

Outras das melloras recollidas xa dende inicio no contrato son a incorporación dos servizos de fisioterapia e podoloxía, que ata o de agora se prestaban aparte e que, tras a adxudicación do SAF, deberá asumir a concesionaria. Así, están incluídas a realización de 480 anuais en cada unha das especialidades.

Mellora dos medios técnicos e das cláusulas sociais
Os novos pregos elaborados polo goberno local tamén prestaron unha atención especial a potenciar as cláusulas sociais e as condicións laborais dos traballadores. A empresa que resulte adxudicataria deberá subrogar ao persoal existente na actualidade. Tendo en conta isto, o plantel base quedará composto por 58 traballadores. 55 deles serán Auxiliares de Axuda no Fogar (31 a xornada completa e 24 a xornada parcial), haberá dous postos de coordinador de servizo a xornada completa, e un auxiliar de coordinación, posto de nova creación respecto ao contrato actual e tamén a xornada completa.
A adxudicataria tamén deberá dotar ao servizo dos medios técnicos precisos para facilitar o traballo do persoal e prestar unha atención de calidade ao usuario. Entre eles, 5 camas articuladas con colchóns, 3 guindastres especiais para axudar a levantar e mover a persoas incapacitadas e 2 andadores de dúas rodas.

Os custes salariais calculáronse en base á estrutura retributiva recollida no convenio colectivo da actividade de Axuda a Domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia e tendo en conta as sucesivas variacións do IPC e a previsión para os vindeiros exercicios. A maiores do custe de persoal, o importe da prestación do servizo inclúe outros aspectos como a uniformidade, o material de oficina, teléfonos móbiles e quilometraxe.

Con base nisto, o prezo da hora de servizo que, para 2025 fíxase en 25,21 euros a ordinaria e en 29,33 euros a de día festivo (en ámbolos dous casos co IVE xa incluído). Os prezos para os seguintes exercicios axustaranse, tendo en conta a previsión do incremento do IPC, ata o máximo fixado para o ano 2028 de 26,88 euros a hora ordinaria e 31,22 a de día festivo.

Despois do visto bo do Pleno debe abrirse un prazo de exposición pública e presentación de alegacións. Unha vez resolto este trámite e aprobados definitivamente os pregos, será cando se saque o contrato a licitación co horizonte de que entre en vigor en 2025.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -