_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O talento local volve a escena en San Roque coas actuacións de Vicky Longa e o Somoza Trío

O talento local volve a centrar o protagonismo nas Festas de San Roque o xoves 22 de agosto cunha nova sesión do programa Son da Casa! Nesta ocasión, a calidade artística e a variedade musical dos grupos de Vilagarcía porase en evidencia cos concertos que Vicky Longa e Somoza Trío ofrecerán pola notiña na contorna de Vista Alegre. A maiores, o Festaclow continuará repartindo risas e asombro cos catro espectáculos de pallasos, acrobacias e monicreques que desenvolverán en sesións de mañá e tarde as compañías Olga Abad, A Vela Circo, Cirkompacto e Ameba Teatre.
AXENDA PARA O XOVES 22 AGOSTO

11:00 – Parque de Miguel Hernández
Festaclown Social: “A Nena Lentella”
A nena lentella é unha nena pequena que loitará para liberar a súa vila para poder medrar. Olga Abad achéganos un conto de narración oral con monicreques e unha fermosa historia. Un espectáculo dirixido a público de entre 3 e 7 anos

12:30 – Praza de Ravella
Superroquiños: “O último que apague a luz”
Dende o humor e o circo, a compañía A Vela Circo
presenta un espectáculo que toma como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que pode pasar? Esta aloucada cerimonia faranos reflexionar sobre o porqué de certas tradicións. Esnaquizarán a torta ou comerán o ramo? A través do movemento e o circo aparecerán as historias máis esmendrellantes que poidas imaxinar. Neste ritual, como en toda gran voda, mestúranse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamento olímpico do ramo. Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo.

19:30 – Praza de Galicia
Certame Festaclown: “Mal de Tontos”
“Mal de Tontos” (Consolo de Moitos) é a nova peza na que Cirkompacto se atreve a encarnar a dous diaños tolos que farán que o público se pregunte en que medida lles pertence a súa propia vida. Unha obra disparatada na que se mesturan clown, danza e acrobacia a través do humor e cun final sorprendente.


21:00 - Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo de gaitas e baile Nós de Sobradelo

21:00 – Praza da II República
Mostra Festaclown: “Cataplúm!” (estrea en Galicia)
Un ser solitario insiste na súa rutina a pesar das bombas que a diario resoan nun horizonte ao lonxe, preto da súa casa. Para seguir adiante, as mellores armas serán a fantasía, o xogo e a parvada e o mellor aliado, o público. Espectáculo de rúa sen texto para todos os públicos cargado de tenrura, humor, traxedia, poesía, absurdo e esperanza que firma a compañía Ameba Teatre

21:00 – Contorno Vista Alegre
Concerto Son da Casa!: Longa
Despois duns anos dedicada profundamente á composición e á produción musical “in the box” para outros artistas, Vicky presenta unha proposta que aínda está por definir en canto ao son e formato… Non se asusten! Será un set de guitarras e voces atmosféricas? Unha viaxe de luces e sombras? Teremos cancións de autor cun formato clásico? Electrónica e pop? Distorsión, crueza e desgarro? Un híbrido?... O que si a caracteriza son as ganas de colaborar con outros artistas que admira, saltar ao baleiro con propostas moi diferentes, eclécticas e efémeras. Ten en mente un escenario con outro protagonista. O gran músico e guitarrista Pedro Falcón.
Talento da vila a doce cordas con cordura suficiente para complicarse a vida, botarlle paixón e horas. Será a primeira ocasión que toquen xuntos, a primeira vez para o público e o primeiro directo de moitas cancións.

23:00 – Contorno Vista Alegre
Concerto Son da Casa!: Somoza Trío
Banda creada coa intención de entreter a través de versións dos mellores clásicos do pop, soul, reggae, funk e blues dos oitenta e noventa e con algunha pincelada de temas máis actuais.
Fran Leiro (baixo e voz) tocou con artistas da altura de Iván Ferreiro, Andy e Lucas, Pitingo ou Melendi. Rocksteady Bob (batería e voz) conta cunha longa traxectoria como batería de directo de importantes bandas do pop-rock venezolano, e Pablo Somoza (guitarra e voz) traballou como músico de sesión nos estudos PKO colaborando con varios artistas nacionais, e actualmente como músico de directo traballando con Javier Gurruchaga, Alejo Stivel, Rafa Sánchez, Viky Larraz...
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -