_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A última fin de semana do San Roque arranca coas olimpíadas máis inclusivas e a sesión musical de DJ Ricky Galende

As Festas de San Roque de Vilagarcía entran mañá na súa última fin de semana cunha axenda que non deixarán tempo ao aburrimento. A xornada do sábado contará coas catro funcións do Festaclown, que no seu apartado social presenta o espectáculo “Somos olímpicos” a cargo de membros de Con Eles, Amencer e Clámide. Os Superrroquiños recibirán a Lila Star, que promete sorprendentes contorsións e acrobacias. A parte musical contará con propostas para os públicos máis clásicos e tamén para os máis modernos. Os Amigos do Acordeón Rías Baixas actuarán no Salón García e o famoso DJ Ricky Galende ofrecerá unha sesión de música electrónica e iluminación coa súa Renovation Experience na avenida da Mariña.
AXENDA DO VENRES 23 AGOSTO
11:00 – Praza de Galicia
Festaclown Social: “Somos Olímpicos” (estrea)
Os integrantes da Asociación Con Eles, do grupo de teatro Clámide e da Asociación Amencer-Aspace presentan este divertido espectáculo de clown e acrobacias dirixido a todos os públicos.

12:30 – Praza de Ravella
Superroquiños: “Lila Star”
Lila Star chega á túa cidade cun show cargado de circo, funky e humor. Esta artista obsesiva da cor lila e o brilli-brilli percorre o mundo na súa bici para mostrar en cada praza as súas habilidades como artista, equilibrista e ama da pista! Acrobacias, rola-bola, equilibrio de mans e clown únense neste disparatado show, onde algunha invitada inesperada poñerá a proba a paciencia da nosa protagonista.
Compañía: Cia Sintriz| Tipo espectáculo: acrobacia e contorsión|Duración:45minutos | Dirixido a: todos os públicos

19:30 – Praza de Galicia
Certame Festaclown: Távole (estrea)
Espectáculo que xira en torno a dúas personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor.
Compañía: Zirko Txosko| Tipo espectáculo: acrobacias |Duración:50 minutos |Dirixido a: todos os públicos

20:30 – Salón García
Son da Casa
Músicas de Sempre: Amigos do Acordeón Rías Baixas
Os Amigos do Acordeón Rías Baixas é un grupo musical que interpreta cancións tradicionais. O seu repertorio é amplo e variado, e abarca diferentes estilos e épocas. A súa música crea un ambiente único no que o público desfrutará dunha experiencia inesquecible.
Entrada de balde ata completar capacidade.

21:00 - Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo de gaitas Os Trasnos de Guillán

21:00 – Praza da II República
Mostra Festaclown: Mute
Premio Umore Azoka 2022 ao mellor espectáculo de rúa de Euskadi. Terceira persoa do singular do imperativo do verbo MUTAR: cambiar o aspecto, a natureza, o estado, etc. dunha persoa, un animal ou unha cousa. “... E un día, o pasado volveu ás nosas vidas e fíxonos reencontrarnos con todo aquilo que sentimos noso. Volvemos a vernos no noso teatro, todo cuberto polo po que delataba o paso dos anos, e mentres reviviamos os nosos números de circo transformados a esta nova vida, produciuse a maxia de sentir que nós mutabamos ao unísono!” A mutación é unha constante. Que non só muten os bichos. Mutemos as estruturas e tamén nós, as persoas, para seguir avanzando, para chegar máis lonxe, máis alto: o aínda máis difícil!!
Compañía: Orain Bi| Tipo espectáculo: acrobacias e equilibrios|Duración:50minutos | Dirixido a: todos os públicos

22:30 - Avda. da Mariña
Renovation Experience e con Dj Ricky Galende
Renovation, capitaneado polo Dj Ricky Galende, é un dos maiores espectáculos de música, son e iluminación do panorama actual. Catro horas de auténtica loucura.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -