_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Recomendacións de tráfico para o día do Desfile de Carrozas e do Combate Naval:


Con motivo da coincidencia no mesmo día e de xeito case continuo do Desfile de Carrozas e do Combate Naval mañá, domingo 25 de agosto, o Concello de Vilagarcía fai públicas unha serie de recomendacións para a circulación do tráfico rodado e para as persoas que acudan a pé a presenciar estes dous multitudinarios eventos cos que rematan as Festas de San Roque. Prégase que sigan os consellos e que se respecten as indicacións dos axentes da Policía Local e do persoal do Servizo Municipal de Emerxencias para que as celebracións discorran coa maior fluidez.

24.08.2024.- persoas que teñan que achegarse a Vilagarcía en coche para asistir a estes eventos recoméndaselles que cheguen coa antelación suficiente, eviten o acceso dende a avenida Rosalía de Castro e utilicen os estacionamentos periféricos: avenida de Cambados, O Piñeiriño, avenida Rodrigo de Mendoza ( aparcamentos dianteiro e posterior de Fexdega e a Finca Douro), os disuasorios de Carril (na avenida Rosalía de Castro), A Golpilleira, Marxión, e rúa Santa Lucía, e os párkings dos supermercados Pepco e Lidl (avenida das Carolinas).
Tamén de aconsella aos condutores que eviten acceder ao centro urbano e, aos vehículos en tránsito recoméndaselles utilizar as vías de circunvalación (N-640, e VG-4.7).

Percorrido do desfile

A Batalla de Flores comezará ás 21.00 horas e percorrerá varias rúas do casco urbano da cidade, que permanecerán cortadas ao tráfico durante o paso do desfile e se irán abrindo progresivamente ao remate do mesmo. Neste horario tamén queda restrinxido o acceso e saída de vehículos dos vaos permanentes.
O desfile de carrozas discorrerá polas rúas Moreira Casal, Rosalía de Castro, Praza da Constitución, Juan Carlos I, Gumersindo Nartallo, Praza da Independencia, rúa Padre Feijóo, Edelmiro Trillo e remate na Praza de España.
O Combate Naval, que se pode presenciar dende as praias da Concha Compostela e todo o paseo marítimo ata O Carril, dará comezo ás 23.30 horas. Durante o transcurso do evento prevese o peche da avenida Rosalía de Castro, no tramo comprendido entre a glorieta do Ramal, e a Rúa San Xosé.

Tanto nos momentos previos, como nos posteriores ao evento, prevese un fluxo importante de peóns cara ao paseo marítimo dende Rosalía de Castro e tamén dende a Avenida da Mariña, o que ralentizará a circulación de vehículos.

Consellos para os peóns

Debido á multitude de persoas que está previsto que se concentren nas rúas e na zona das praias para presenciar o desfile de carrozas e posteriormente o Combate Naval, recomendase aos peóns manter sempre aos nenos á vista e lembrarlles que, no caso de perderse, poden dirixirse a calquera axente da Policía. Ademais, aconséllase vixiar os enseres persoais (bolsos, carteiras) nos momentos de aglomeracións.

O plan previsto para o Combate inclúe a prohibición de estacionamento de vehículos no frontal do parque de A Concha, así coma na primeira calexa de Rosalía de Castro cara a praia, onde se colocarán os vehículos de asistencia sanitaria e emerxencias. A tal efecto foron colocadas barreiras con sinalización circunstancial de prohibido estacionamento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -