_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As Festas de San Roque 24 despídense coa visita dos Bolechas, a Batalla de Flores e o Combate Naval

As Festas de San Roque 2024 chegan ao seu fin cunha xornada de domingo que acollerá os dous eventos máis multitudinarios do programa despois da Festa da Auga. Trátase do desfile de carrozas e do Combate Naval, previsto inicialmente para o sábado pero que se tivo que adiar debido á choiva. Ademais, os nenos e nenas da cidade terán unha nova oportunidade de compartir unha aventura moi deportiva coa familia Bolechas no espectáculo que terá lugar pola tardiña na Praza de Galicia a través do programa FalaRedes.
AXENDA DO DOMINGO 25 AGOSTO

19:30 – Praza de Galicia
Os Bolechas Deportistas: "Radiolímpica"
Os Bolechas deportistas e a súa Radiolímpica é un espectáculo ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nesta proposta dos Bolechas deportistas combínanse, da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, a lingua e o deporte, o xogo e a aprendizaxe. Con esta actividade, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas, co gallo da celebración das Olimpíadas en París, e animan ao uso do galego durante a súa práctica.

21:00 – Rúas da cidade
Desfile de Carrozas
Música, folclore e animación de rúa acompañan o desfile que pecha as festas. O percorrido comeza na estación de autobuses para saír pola rúa Moreira Casal e continuar pola avda. Xoán Carlos I, rúa Gumersindo Nartallo, Praza da Independencia e rúa Edelmiro Trillo, para rematar na Praza de España.

23:30 – Praias da Concha – Compostela
Combate Naval
Un festival pirotécnico único en Galicia, con máis de 150 anos de historia. Rememora o asedio das tropas españolas ao Callao, no Perú, en 1866 por parte da flota española lideraba por Méndez Núñez. Media hora de espectáculo con fogos acuáticos e aéreos para rematar co sempre celebrado combate entre os barcos e o castelo. Un festival de luz e cor que iluminará o ceo nocturno co disparo de 8.000 fogos de artificio de 17 tonalidades distintas.
Patrocinado pola Deputación Provincial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -