DEPORTE
Alba Sánchez e Daniel Rivas proclámanse campións absolutos do XXII Torneo de Tenis de Verán A Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa clausurou o xoves pola noite o XXII Torneo de Tenis de Verán 2024 co acto de entrega de trofeos aos vencedores nas distintas categorías. Na edición con maior participación, 131 xogadores, e na que se celebraron máis de 100 partidos polo sistema de eliminación, proclamáronse campións na máxima categoría Alba Sánchez e Daniel Rivas. O concelleiro de Deportes e presidente a Fundación, Carlos Coira, foi o encargado de entregar os premios.
24.08.2024.- O torneo tivo lugar nas pistas de tenis do C.D.M. Fontecarmoa entre o 6 de xullo e o 22 de agosto. Despois de que o ano pasado se estrease a categoría de dobres, nesta edición a novidade foi a creación das categorías de consolación (Lucky Loser), tanto en absoluta como en veteranos, co obxectivo de que os que perderon en primeira rolda tiveran a oportunidade de xogar algún partido máis.
RESULTADOS
CATEGORÍA A (nados de 2012 a 2016) Alejandro Arca Alfonsín gaña a Rodrigo Álvarez Negreira (6-2/6-1).
CATEGORÍA B (nados de 2007 a 2011) Adrián Vázquez Portas gaña a Miguel Abalo Martínez (6-2/6-1).
DOBRES A parella Dani Rivas-Rubén Trapote gaña á de Nico Durán-Breogán Calviño (6-2/3-6/6-4).
VETERANOS (ano 1972 e anteriores) Juan Manuel Camiña Fernández gaña a José Luis Padín Núñez (6-3/6-1).
VETERANOS CONSOLACIÓN (Lucky Loser ) Antonio Solla Rodríguez gaña a Juan Lorca Martínez (6-1/6-1).
ABSOLUTA CONSOLACIÓN (Lucky Loser): Sergio Trigo Beloso gaña a Miguel Carreira Lorenzo (6-3/6-4).
ABSOLUTA FEMININA Alba Sánchez Crespo gaña a Lucía Casalderrey Pérez (6-1/6-0).
ABSOLUTA MASCULINA Daniel Rivas Búa gaña a Nicolás Durán Patón (6-1/6-2).
TROFEO Á DEPORTIVIDADE foi para Adolfo Pereiro Raposo.