_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As meigas regresan este sábado a Vilagarcía para despedir agosto con conxuros e elixires máxicos

Vilagarcía segue de festa ata a última fin de semana de agosto, días nos que o Concello aínda ten programados diversos actos lúdicos e culturais. Entre eles, a Noite das Meigas, que regresando a súa data tradicional, celebrarase o último sábado do mes para encher de maxia e ledicia as rúas peonís do casco urbano. Dez poboados meigos emprazaranse nos lugares habituais para alegrar a velada con música, disfraces, rosquillas e queimada. A actividade organizada pola Concellería de Cultura conta coa colaboración de dez asociacións do municipio que se encargan de dar vida e ambientar as aldeas.
27.08.2024.- A festa comezará ás 22.30 horas co inicio da actividades nas pallozas distribuídas polo centro da vila. O momento cume da Noite das Meigas terá lugar á media noite na Praza de Galicia co aquelarre no que se realizará o famoso conxuro da queimada, por parte da actriz Fátima Rey. Será a partir de entón cando o máxico elixir comezará a repartirse gratuitamente entre o público en cada un dos poboados meigos.

Como todos os anos, cada asociación levará á festa o seu propio petisco (tortilla, empanada, chourizos ao viño, biscoitos, tartas…) para agasallar aos visitantes, mentres que a Concellería aportará 4.000 rosquillas, así como os utensilios e ingredientes para facer a queimada (a caña, o azucre, café e limóns), a maiores de toda a infraestrutura organizativa do evento. Cultura tamén repartirá entre os poboados 400 taciñas conmemorativas adquiridas para a ocasión e que será o único elemento se poña á venta a un prezo simbólico como axuda para as entidades colaboradoras.

Os colectivos que participan na Noite das Meigas deste ano e os emprazamentos dos seus poboados son: Teatro Clámide (Praza de Galicia), O Noso Lar (avenida da Mariña), Asociación Cultural Curtas Films Fest (Praza da Independencia), A Cantarela (rúa Castor Sánchez), Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía (Praza de España ), Zona Aberta (rúas Baldosa/Valentín Viqueira), Os Remolóns (rúa Castelao), La Junquera (Praza do Castro), Cantareiras Bulideiras (Praza de Galicia/Alcalde Rey Daviña) e a Asociación Cultural Indanonvaidesta (rúa Arcebispo Lago).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -