_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello de Vilagarcía e o pobo de Carril alimentan unha nova edición do Ameixa Rock

A primeira fin de semana de setembro chega con bo ritmo a Carril, onde o sábado 7 e o domingo 8 celebrarase a undécima edición do Ameixa Rock. Cun cartel encabezado por Grande Amore e no que debutará a banda xuvenil Rompekalaveras, o festival ofrecerá demais sesións vermú e música na praia, así como pinchadas de Djs. Todo de balde. Tampouco podían faltar as visitas guiadas a Cortegada, a única actividade pola que haberá que pagar. Eso sí, prezos rebaixados para a ocasión e ofertas 2x1. O evento musical presentouse no Concello coa presenza do alcalde, Alberto Varela, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, e os organizadores do Ameixa Rock.
29.08.2024.- Tras ter superadas as dificultades económicas grazas á achega do Concello de Vilagarcía e ás axudas recibidas da veciñanza e empresas do Carril a través do crowdfunding e o patrocinio, o Ameixa Rock elaborou para este ano un “gran cartel”, como recoñeceu a concelleira. O grupo galego Grande Amore é o principal atractivo, debido a que se trata dunha banda en auxe e que obtivo o Premio Martín Códax 2022 e o MIN ao Mellor álbum en galego 2024. O seu estilo xoga co pop, o rock and roll e o techno dos 80, para o que tira de guitarras, caixas de ritmos e sintetizadores.

Outro dos atractivos do cartel son a banda de Moaña The Lelli Kelly's que, co estilo que eles mesmos definen como rhythm&punk, fan un rock'n'roll agresivo, bailable e frenético.

Como ven facendo dende os seus inicios, o Ameixa Rock tamén dará espazo a un grupo novel co obxectivo de servirlles como escaparate nos seus inicios e axudarlles a darse a coñecer. Neste caso son os xovencísimos Rompekalaveras, unha banda de rock bravú composta por un rapaz de Carril, un de Vilagarcía e dous de Vilanova. En plena efervescencia adolescente, sorprenden con temas propios con títulos como “Breve descripción de los compañeros de clase”, “Eu non quero saber puerro”, “Comida de gato” ou “Que tes rapasa de Lugo” .

O guitarrista, Suso Aboy, cunha longa traxectoria profesional en solitario e como integrante de orquestras, será o encargado de amenizar a sesión vermú do sábado, mentres que a do domingo correrá da man dos vilagarciáns Perfect Strangers e as súas versións dos clásicos do pop e do rock.

Cita ineludible no Ameixa Rock é a da Duendeneta, ao fronte da que se porá Kris Dj, e tamén haberá unha sesión do Dj Fangueira.

A última incorporación ao cartel é a orixinal proposta que Alejandra e Alexandre ofrecerán o domingo pola tarde na praia da Covacha: unha sesión na que a filla se encarga de pinchar discos de vinilo, á antiga usanza, mentres o pai intercala datos de interese do grupo, da canción, das circunstancias na que se compuxo ou o que conta.

Elpidio Costa aproveitou a presentación para agradecer ao Concello a axuda económica (incrementada este ano ata os 7.000 euros) e de loxística que presta cada ano para facer posible o Ameixa Rock; e tamén trasladou o seu agradecemento a todo o pobo de Carril, empresas e entidades que ven a través do crowdfunding ou cos colaboracións e patrocinios fixeron posible sacar adiante esta edición. Costa explicou que para lograr o presuposto necesario tras a redución en 2.000 euros da axuda que concedía outra administración, a 3 días de pecharse a colecta a través das redes sociais, só faltaban 150 euros para chegar a esa cifra. “A veciñanza envorcouse con nós e estamos moi agradecidos. Aparte da recadación de fondos, foi o ano que máis merchandising vendimos e contamos con donativos e colaboracións de bares, tendas, empresas, da Confraría, de Gadis, Corticata…”.

O organizador lamentouse que non todas as administracións actúen coma o Concello de Vilagarcía e demandou “máis transparencia e implicación para pequenos festivais como o noso, que son onde empezan a rodar os grupos emerxentes. Para chegar ao Son do Camiño, primeiro hai que pasar por moitos Ameixa Rocks, e iso non se está tendo en conta”.

O alcalde compartiu este sentimento de necesidade de apoiar máis dende o sector público a iniciativas como estas que, “malia ser pequenas en tamaño supoñen moito para o sector cultural e, no caso do Ameixa Rock, mesmo para un pobo, xa que o festival é un elemento dinamizador e de cohesións social que serve para atraer actividade e dar a coñecer a riqueza e patrimonio de Carril e da súa illa de Cortegada”. Varela finalizou asegurando que “o Ameixa Rock seguirá contando sempre co noso apoio”.

AXENDA DO AMEIXA ROCK 2024

SÁBADO 7
10:30 Viaxes a Illa de Cortegada (con reserva)*
13:30 CONCERTO: Suso Aboy
16:30 Viaxes a Illa de Cortegada (con reserva)*
20:45 SESIÓN: Dj Fangueira
21:15 CONCERTO: Rompekalaveras
22:00 CONCERTO: The Lelli Kely´s
23:45 CONCERTO: Grande Amore
01:15 SESIÓN: Kris Dj (La Duendeneta)

DOMINGO 8
13:30 CONCERTO:Perfect Strangers
19.30 SESIÓN NA PRAIA . Alejandra e Alexandre

* Reservas para as visitas a Cortegada en Corticata Turismo Medioambiental, tlf: 625 80 79 23 ou por e-mail: info@corticata.com
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -