_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
AVISOS
A previsión de chuvia para a tardiña do domingo obriga a trasladar o Folk no Alobre ao a 29 de setembro

A romaxe urbana do Folk no Alobre adíase ao 29 de setembro debido ás chuvias previstas para a tarde-noite deste domingo e que estragarían a celebración da maior parte dos concertos previstos no programa. Aínda que os prognósticos non anuncian chuvias ata a tardiña da xornada dominical, hai que ter en conta que os concertos previstos comezan ás seis da tarde e rematarán ás once da noite, co que a chuvia impediría a súa celebración no marco do parque Enrique Valdés Bermejo no que se enmarca esta celebración popular.
30.08.2024.- Precisamente, polo carácter de romaría ao aire libre concibida na contorna natural e histórica do Castro de Alobre, o traslado a outro emprazamento queda descartado para non perder a esencia do evento.

Malia este imprevisto, a cita co Folk no Alobre queda sinalada na axenda cultural e festiva de Vilagarcía para o domingo 29 de setembro, confiando en que o veraniño de San Miguel permita celebrar esta animada romaría popular con total normalidade e nas mellores condicións para que nenos e adultos gocen de todas e cada unha das actividades propostas polo Concello e o colectivo Pés de Barro: visita guiada, o ritual das Penas do Alobre, obradoiro de baile tradicional, almorzo ao aire libre e moita música.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -