_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Ravella abre as convocatorias con maior presuposto para as axudas á escolarización e aos estudos superiores

O Concello de Vilagarcía abre o 1 de setembro o prazo para solicitar as axudas municipais á escolarización e para a realización de estudos universitarios e ciclos superiores de FP. O goberno local volveu a incrementar as partidas destinadas a ámbalas dúas liñas, polo que as convocatorias deste ano contan co maior presuposto ata o momento, dispoñendo de 99.000 euros para repartir entre os beneficiarios (68.000 para os estudos superiores e 21.000 para os do ciclo de Infantil). As bolsas, son de 70 euros para cada escolar de 0 a 6 anos, de 425 euros para universitarios e de 225 para alumnos de ciclos superiores. Na edición anterior beneficiáronse destas medidas de carácter social 443 persoas.
02.08.2024.- As axudas con Concello son compatibles coas de doutras administracións. As familias e estudantes que desexen solicitar as bolsas do Concello dispoñen de prazo ata o 30 de setembro en ámbolos dous casos. As bases que regulan as convocatorias e onde figuran os requisitos, documentación a presentar e criterios de valoración pódense consultar na sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal), onde tamén están dispoñibles os formularios. Dado que se trata de medidas de carácter social, a concesión das subvencións está condicionada á situación socioeconómica das familias, co obxecto de que sirvan de apoio a quen máis o precise.

As Axudas Municipais á Escolarización Infantil pretenden contribuír a aliviar os gastos pola compra de material que teñen que afrontar as familias ao inicio do curso, así como fomentar a escolarización na etapa inicial da educación (dos 0 ao 6 anos), algo fundamental para o desenvolvemento social e intelectual das crianzas e que facilita a conciliación. Pódense beneficiar delas as unidades familiares residentes no municipio con nenos e nenas matriculados en centros de ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía. As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica ou do Rexistro Xeral do Concello.

As Axudas municipais a estudos universitarios e de ciclos superiores de FP están destinadas a estudantes de Vilagarcía matriculados en centros fora do municipio o curso anterior (2023/24). Ademais de estar empadroados e residir no municipio cunha antigüidade mínima dun ano, os principais requisitos para acceder a estas bolsas son, para o caso de estudos universitarios ou de nivel similar, que os alumnos teñan cursado un mínimo de catro materias anuais ou un mínimo de 30 créditos por curso. No caso dos ciclos superiores esíxese que os estudos se realizasen na modalidade de dedicación a tempo completo.

E en ámbolos dous casos, para recibir a axuda, os solicitantes terán que xustificar ter superado, polo menos, o 50% das materias nas que estivesen matriculados. Quedan excluídos da convocatoria os estudos realizados on-line.

Para obter máis información, os interesados poden dirixirse á Concellería de Educación, a través do correo educacion@vilagarcia.gal ou chamando ao 986 09 200 ext. 214.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -