_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello estima que 130.000 persoas asistiron aos actos das Festas de San Roque

A edición de 2024 das Festas de San Roque resultaron un éxito tanto pola elevada participación de xente aos actos programados durante os 12 días, como polo bo ambiente no que se desenvolveron, así como polo retorno económico que toda esta actividade deixou nos sectores produtivos. Así o explicaron o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, na valoración realizada esta mañá e na que desvelaron que 130.000 é a cifra estimada de persoas que asistiron aos festexos patronais de Vilagarcía.
02.09.2024.- Case 11.000 persoas ao día encheron as rúas da cidade durante as festas de San Roque para gozar dos espectáculos de mañá, tarde e noite. “Unha cifra que demostra que as actividades programadas pola Concellería de Cultura foron moi ben acollidas e atraeron moita xente á cidade de forma constante durante estes 12 días, xerando negocio para o sector turístico, o comercio e a hostalaría”, en palabras do alcalde. A concelleira reforzou este dato e as boas impresións que lle chegaron dende diferentes sectores coas valoracións realizadas por colectivos como Zona Aberta, UPTA ou a hostalaría en xeral, así como pola veciñanza.

Cunha edición das máis multitudinarias dos últimos tempos, a Festa da Auga foi o evento que congregou a máis xente na cidade, estimándose uns 45.000 asistentes. Uns 40.000 foron os que asistiron aos concertos e actuacións musicais, mentres que polos catro espectáculos diarios realizados polo Festaclown en seis días pasaron outras 15.000 persoas. O fin de festa no que confluíron o Desfile de Carrozas e o Combate Naval tamén encheu de xente a cidade o último domingo do programa cunhas 15.000 persoas presenciando os eventos.

“Vilagarcía está de moda ”

Con estes datos, Varela Paz explicou que “Vilagarcía está de moda”, afirmación que non limitou ao período festivo, se non a todo o verán. Segundo os datos facilitados polas compañías de telefonía móbil, a actividade turística na cidade incrementouse no mes de xullo un 12% respecto ao ano anterior, unha tendencia que, a expensas de coñecer as cifras definitivas, se supón aínda superior en agosto.

Actividade continuada de maio a outubro

O rexedor explicou que isto é posible porque, a maiores dos atractivos que Vilagarcía dispón de por si e á avantaxa que supón contar coa conexión ferroviaria directa a Madrid, “aquí ofrecemos actividade todo o ano, a nosa oferta cultural e lúdica non se centra nas festas patronais nin no mes de agosto. A nosa tempada verán pode dicirse que comeza en maio coas festas de Santa Rita, segue co Ágora Vermú, a Cidade de Libro, o Clasclás, o Atlantic Fest e o San Roque, e continúa coa Noite das Meigas que tamén foi multitudinaria, o Folk no Alobre, o Ameixa Rock e o Revenidas en setembro, e xa nos metemos en outubro co Curtas”.

O alcalde felicitou á concelleira de Cultura e a todo o seu departamento polo bo traballo realizado para conseguir que Vilagarcía conte cunhas festas do máis alto nivel e de gusto da inmensa maioría dos públicos “porque sei que é un traballo de moitos meses e que non é nada doado de facer”. Do mesmo xeito, Sonia Outón incidiu na laboriosidade e a complexa loxística que leva organizar 12 de días de festa con varias actividades ao día, e recoñeceu a implicación e o intenso traballo realizado polo persoal de servizos municipais como Obras, Electricidade, Xardíns, Medio Ambiente, Comunicación, Emerxencias e Policía Local, así como da concesionaria de Limpeza., “que son unha pate esencial para que todo salga ben”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -