_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O deporte de Vilagarcía xa conta cun pavillón do século XXI

Tras varios meses de traballo e un investimento que superou os 2 millóns de euros, o Concello de Vilagarcía xa dispón dun pavillón de deportes propio do século XXI. O alcalde, Alberto Varela, acompañado dos concelleiros de Deportes e de Urbanismo, Carlos Coira e Paola María, xunto cos responsables da obra, visitaron esta mañá o pavillón número 1 de Fontecarmoa para comprobar o resultado da ambiciosa reforma levada a cabo. Un proxecto que renovou a imaxe externa e interna do equipamento, que modernizou os servizos e que, principalmente, se centrou na mellora da climatización e a eficiencia enerxética.
04.09.2024.- Como o propio rexedor explicou, a maior parte do orzamento destinouse a resolver os graves problemas de condensación e humidades que rexistraba o edificio, construído hai 40 anos, que dificultaban a práctica deportiva. Con este obxectivo substituíuse a cuberta, revestíronse todas as fachadas exteriores e instalouse un potente sistema de climatización. Todo isto requiriu o cambio da instalación eléctrica e complementouse coa creación dun parque de placas solares mediante o que xerar a enerxía eléctrica coa que abastecer ao pavillón, converténdoo nun equipamento sostible.

Ademais da protección e o illamento que proporciona ao edificio, o novo revestimento da fachada dálle unha moderna imaxe metalizada polo exterior. Dentro, os asentos multicor alegran as bancadas e o ton claro da cancha aporta luminosidade ao conxunto. No que ás características técnicas se refire, baixo o parqué da pista instalouse unha capa que amortece os impactos e facilita a práctica deportiva.

A mellora estética, funcional e de confort é patente tamén nos aseos do público, que se reformaron e adaptaron á normativa de accesibilidade; e tamén á zona de vestiarios, oficinas e ximnasio.

A actuación complementarase nas vindeiras semanas coa instalación dos novos video marcadores de pantallas led que están en proceso de licitación.

Tras percorrer as instalacións, Varela amosou a súa satisfacción cunha obra “que é das máis importantes que temos realizado ata o de agora, cun investimento que supera ao da nova Biblioteca ou ao de calquera das humanización, e co que conseguimos que Vilagarcía teña o pavillón deportivo que unha cidade da súa condición se merece, propio do século XXI, e que será a envexa de moitos”. Ademais, o rexedor destacou que tras este proxecto, o equipamento está perfectamente dotado para facilitar a práctica deportiva dos vilagarciáns e para acoller competicións do máis alto nivel.

Serán os deportistas da cidade os primeiros en testar o resultado desta gran reforma, xa que mañá mesmo comezan a adestrar no pavillón número 1 de Fontecarmoa os equipos do Cortegada e do BBC de basket.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -