_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a mellora dos accesos ao Piñeiriño co ensanche da rúa Wenceslao Fernández Flórez

A Xunta do Goberno acordou na reunión desta semana adxudicar á firma Montajes J.M. Iglesias a obra de ensanche da rúa Wenceslao Fernández Flórez por ser a desta empresa a mellor das 12 ofertas que concorreron ao concurso. O contrato adxudicouse por 198.989,46 euros (IVE incluído), 15.231 euros por debaixo do prezo de licitación, e financiarase a través do plan Máis Provincia. O proxecto promovido polo Concello permitirá mellorar as comunicacións do barrio do Piñeiriño e elevar a seguridade viaria dos peóns na rúa que une a zona das Pistas co nodo no que conflúen a rúa Pablo Picasso co vial de acceso ao Porto e a avenida de Cambados.
05.09.2024.- Unha vez se asine o contrato, os traballos poderán comezar tan pronto como a empresa estea dispoñible, posto que o Concello conta xa dende hai meses co permiso da Demarcación de Carreteras del Estado por tratarse dunha vía que enlaza coa estrada de acceso ao Porto, de titularidade estatal.

O ensanche de Wenceslao Fernández Flórez era moi necesario xa que a rúa presenta na actualidade certas limitacións para o tráfico rodado debido ao angosto dun dos seus tramos. Para proxectar a obra que corrixirá esta situación, o goberno local tivo que xestionar previamente a consecución dos terreos necesarios para dar amplitude a rúa no punto no que se estreita. Chegouse a acordo con dous propietarios que, mediante a sinatura dos correspondentes convenios, ceden gratuitamente unha franxa de terreo de 21,5 metros cadrados. Con ela, ademais de desfacer o pescozo de botella que fai a vía nesta zona, poderase axustar a rúa á aliñación prevista no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Tras a actuación que se vai iniciar proximamente, tanto os autobuses como os vehículos longos poderán transitar pola vía, ofrecendo así máis alternativas aos accesos ao Piñeiriño dende as rúas Fontecarmoa e Camilo José Cela. Ademais, a obra repercutirá positivamente na seguridade viaria xa que, ao gañar en amplitude, tamén se facilitará a convivencia entre peóns e vehículos.

O proxecto, que ten un prazo de execución de 4 meses, inclúe ademais a renovación das redes de saneamento e recollida de augas pluviais, así como a reposición do pavimento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -