_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
TURISMO
Turismo pecha a inscrición na andaina do Goza do Ulla ao superar o centenar de participantes

A Concellería de Turismo pechou esta mañá a inscrición da andaina do programa Goza do Ulla ao ter superado xa o centenar de participantes. En concreto son 140 as persoas anotadas á ruta guiada “Ollando o Ulla e a Ría” que se celebrará este domingo, 8 de setembro, e que levará aos asistentes polas ladeiras do monte Xiabre para admirar as fermosas vistas que dende os miradoiros da Cruz e de Bamio se poden contemplar do curso do río Ulla dende Padrón ata a súa desembocadura no mar, así como da ría de Arousa en toda a súa extensión.
05.09.2024.- A andaina de 14 quilómetros é de dificultade media e está previsto que teña unha duración aproximada de 3 horas. Os asistentes irán acompañados por un guía da empresa Corticata Turismo Medioambiental e cada participante recibirá un pequeno avituallamento por deferencia da Concellería. A saída está prevista ás 9.30 horas dende o Punto Limpo de Pinar do Rei, lugar onde tamén rematará.

Ademais de gozar das excelentes panorámicas do río Ulla e da ría de Arousa a través de boa parte do percorrido, dende os privilexiados balcóns dos miradoiros da Cruz de Xiabre (o máis elevado) e de Bamio, os participantes poderán admirar os meandros e Os Lombos do Ulla, os parques de cultivo de ameixa e o pobo mariñeiro de Carril, Cortegada, a illa máis verde e frondosa do Parque Nacional das Illas Atlánticas, os parques de bateas de cultivo de mexillón na ría e, si o día e claro, ata visualizar o perfil das illas Cíes na boca da ría de Vigo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -