_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello executou máis de 80 actuacións para a posta a punto dos centros educativos de cara ao novo curso

Os centros públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Vilagarcía xa están en perfecto estado para o inicio do novo curso o vindeiro 11 de setembro tras a posta a punto levada a cabo polo Concello. Dende finais do mes de xuño e durante todo o verán, os distintos servizos municipais executaron algo máis de 80 actuacións de mantemento e conservación das instalacións para que profesorado e alumnado atopen todo nas mellores condicións ao regreso ás aulas tras as vacacións estivais. O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Educación, Paola María visitaron esta mañá a Escola Unitaria do Vilar-Bamio para comprobar o estado das instalacións tras as melloras realizadas.
06.09.2024.- Acompañados pola profesora do centro, o rexedor e a edil percorreron todas as estancias da escola, así como o patio exterior e o interior, reparando no agradable ambiente creado ao combinar unha estética moderna co mobiliario, equipamento e servizos perfectamente adaptados ás necesidades dos cativos de entre 3 e 6 anos de idade. Os traballos realizados este verán neste centro centráronse en arranxo de humidades, pintado, reparación de zócalos e acondicionamento do patio exterior, onde de botou unha capa de achas de madeira para absorber a humidade e os golpes e que, ademais, é un material natural e respectuoso co medio ambiente. Tras a visita, tanto o rexedor como a concelleira felicitaron á profesora polo “magnífico estado no que ten a escola” na que este curso están matriculados 11 nenos e nenas.

Nos restantes centros educativos do municipio, a maioría dos traballos realizados durante o verán consistiron en pintado, arranxos de portas e persianas, corrección de humidades, instalación ou reparación de calefactores e caldeiras, melloras de billas e fontanería, reposición de lámpadas, traballos de carpintería, acondicionamento dos patios, areeiros, valados e zonas verdes.
Varela lembrou que esta posta a punto implica ao persoal dos servizos de Obras, Electricidade e Xardíns “que teñen que realizar estas actuacións sen desatender outras necesidades do municipio, como ás relativas ás vías públicas, parques e xardíns, alumeado, así como a organización dos numerosos eventos que se desenvolven na cidade entre xullo e setembro.

O alcalde explicou que a maiores da campaña de verán, o Concello realiza outras actuacións nos colexios do municipio ao longo do ano en función das necesidades que se vaian detectando. “En moitas ocasións, incluso intervencións que están por riba das obrigas municipais, pero que realizamos igualmente ante a desatención da administración autonómica que é a quen realmente lle competen”. Varela referiuse a actuacións como a construción do ximnasio do colexio de Rubiáns, o cambio da cuberta da Unitaria de Aralde, ou a creación do comedor escolar no Piñeiriño, “obras que non son de conservación ou mantemento, senón estruturais ou investimentos para crear servizos, e que, como a Consellería non atendeu, tivo que ser o Concello quen aportase financiamento para non privar ao alumnado vilagarcián da educación digna e de calidade que merecen”.

O rexedor expresou o seu desexo de que a Xunta de Galicia “asuma dunha vez por todas as súas responsabilidades en materia de Educación e libere aos Concellos da carga que lles supón ter que realizar intervencións alleas ás súas competencias e ás que teñen que derivar moitos recurso económicos e humanos que poderían dedicarse a outras cousas que si son do ámbito municipal”.

Por último, Alberto Varela referiuse tamén ao “grave erro” cometido pola Consellería de Educación ao ter pechado as unitarias de Guillán e Solobeira “cando o idóneo para consolidar a poboación nas zonas rurais é ofrecerlles servizos como estes, non quitarllos”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -