_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONSUMO
O Concello adxudica o subministro do vehículo eléctrico para o servizo de reparto a domicilio das prazas de abastos

O Concello de Vilagarcía segue avanzando nas súas medidas para a modernización e impulso das Prazas de Abastos municipais, agora coa adxudicación do vehículo eléctrico que se utilizará para poñer en marcha o sistema de reparto a domicilio. O subministro da furgoneta 100% eléctrica correrá a cargo da empresa Baygar, por ser a súa a oferta que acadou a puntuación máis alta no concurso. O contrato asinarase por importe de 43.318 euros (IVE incluído), 5.082 euros por debaixo do prezo de licitación.
06.09.2024.- O Concello financia a compra do vehículo cos fondos europeos Next Generation concedidos ao programa “Vilagarcía Viva” a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia e, en concreto, no marco da liña destinada a proxecto de mellora, revitalización e resiliencia dos mercados tradicionais e zonas comerciais urbanas.
Aposta en marcha do servizo de reparto a domicilio aos clientes do mercado público é unha iniciativa da Concellería de promoción Económica que dirixe Álvaro Carou. Trátase dunha nova acción para modernizar e mellorar a competitividade do mercado tradicional vilagarcián que, ademais, se rexe por criterios de sustentabilidade e respecto ao medio ambiente. Por iso o vehículo é 100% eléctrico, para continuar avanzando nunha sociedade descarbonizada, e se utilizará para prestar un servizo de “última milla”, é dicir, para entregas a curta distancia, favorecendo así o desenvolvemento dunha economía circular que, ademais de ser moito máis sostible, xera riqueza na propia zona. A maiores, o novo servizo permitirá achegar os produtos da Praza de Abastos aos clientes-consumidores, que disporán de máis facilidades para adquirir nela e, en consecuencia, incrementarán as súas ventas.

Ademais do subministro da furgoneta, o contrato inclúe o mantemento integral do vehículo durante o período mínimo de garantía de 3 años, incluídas as revisións coa periodicidade que estableza o fabricante. Ademais, o adxudicatario deberá entregar o vehículo matriculado a nome do Concello, con toda a documentación en regra e perfectamente rotulado conforme se especifique polo Concello.

No marco destas mesmas accións de modernización e mellora da eficiencia enerxética da Praza de Abastos, tanto o mercado de Vilagarcía como o de Vilaxoán contan xa con estacións de carga para vehículos eléctricos, equipamentos que tamén se financiaron os fondos Nex Generation correspondentes ao proxecto “Vilagarcía Viva”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -