EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música abre o prazo extraordinario de matrícula en varias especialidades A Escola Municipal de Música Bernardo del Río de Vilagarcía abre o prazo para cubrir as prazas vacantes en varias especialidades instrumentais e de iniciación para o curso escolar 2024/25, que dará comezo o 19 de setembro. A matrícula deberá formalizarse na secretaría da Escola de Música o luns 9 de setembro pola mañá (de 10 a 13.30 horas) ou pola tarde (de 16 a 20 horas) e o martes 10 en horario de tarde. O impreso está dispoñible na web do centro https://www.emmusicavilagarcia.com
06.09.2024. Tras o período ordinario de matriculación, aínda quedan prazas dispoñibles nos cursos de iniciación. En Música e Movemento hai 3 vacantes para alumnado de 5 anos e outras 6 para os de 6 anos. E canto ás especialidades instrumentais que non se completaron, quedan 4 prazas en Vento Madeira e outras 4 en Vento Metal. Ademais, aínda é posible obter praza nas especialidades de Combo Moderno e Agrupación instrumental, Informática Musical e Linguaxe Musical Adultos. Cómpre lembrar que as materias instrumentais son só para estudantes a partir de oito anos.
Para formalizar a matrícula deberá presentarse o documento que acredite o número de conta bancaria (IBAN) e o DNI do titular de dita conta. Esta documentación tamén se pode achegar a través da dirección de correo electrónico escolamusica@vilagarcia.gal A Escola Municipal Bernardo del Río organiza o vindeiro 18 de setembro a presentación do novo curso académico nun acto a celebrar ás 19.00 horas no Salón García. As clases comezarán a impartirse ao día seguinte.