_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello aproba o convenio para poñer en marcha o novo aparcamento disuasorio na contorna da Lomba

Apenas un días despois de ter presentado o Vaicar!, a rede de estacionamentos públicos incluída no Vai!, o Programa Municipal de Mobilidade, o Concello de Vilagarcía adopta a primeira das medidas previstas na estratexia. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o convenio que permitirá crear un aparcamento disuasorio na rúa Xunqueira, na zona da Lomba. Tras as xestións realizadas polo executivo, a propietaria cede gratuitamente ao Concello un solar de 509 metros cadrados de superficie coa finalidade de que sexa utilizado como estacionamento. A cambio desta cesión temporal de uso, o Concello asume as tarefas de limpeza e acondicionamento do terreo.
07.09.2024.- Esta nova bolsa de aparcamento público servirá para facilitar o estacionamento de vehículos do barrio da Lomba, tanto para dar servizo á veciñanza, como para os usuarios dos centros educativos ou do campo municipal de fútbol. Cómpre lembrar que nesta mesma zona tamén se recolle no Vaicar! a apertura doutro disuasorio no solar municipal que posúe o Concello en Desamparados, xusto detrás da Escola Oficial de Idiomas e o campo da Lomba. A rede completarase con outras dúas bolsas de aparcamentos públicos e gratuítos previstas na zona dos Duráns e na rúa Castillejos, en Carril.

Grazas á política de creación de aparcamentos disuasorios que puxo en marcha o goberno de Alberto Varela nos últimos anos, Vilagarcía conta actualmente con 2.400 prazas gratuítas de estacionamento estratexicamente situadas, cifra á que haberá que sumar en breve outras 250 coa apertura das novas catro bolsas mencionadas.

Ademais, a rede de aparcamentos públicos incorporou hai uns meses o párking soterrado de Xoán XXIII, que xa xestiona o Concello e para o que en breve se habilitará un sistema de hora gratuíta para a veciñanza da cidade e descontos para a clientela do comercio local. Un sistema similar ao que funcionará no párking municipal da Concha cando se traslade a Pinar do Rei o depósito de vehículos da Policía Local.

Ao igual que as medidas expostas, o Vaicar! tamén prevé a creación de zonas de residentes en rúas de Carril, Vilaxoán, O Piñeiriño, Os Duráns, Matosiños e Moreira Casal, onde as persoas que vivan nesas vías terán prioridade á hora de aparcar. A figura da "zona de residentes" regularase na nova Ordenanza Municipal de Mobilidade que se está ultimando.

Unha estratexia global na que se leva anos traballando

O Vaicar! é unha das patas na que se sustenta o Vai!, o Programa Municipal de Mobilidade do Concello de Vilagarcía, un modelo baseado na humanización da cidade e en criterios de sustentabilidade e descarbonización. Para acadar os obxectivos perseguidos, antes que a rede de estacionamentos públicos do Vaicar! púxeronse en marcha o Vaibike! (servizo de aluguer de bicicletas), o Vaibús (abono transporte), o Vaiapé! (metrominuto) e o Vaischool! (camiños escolares seguros). Todas estas medidas van encamiñadas a acadar unha mobilidade sostible, eficiente e segura, que faga da cidade un lugar amable para vivir onde os coches perdan protagonismo e as rúas sexan para as persoas. Para isto foméntase o uso dos medio de transporte alternativos, como a bicicleta e o transporte colectivo, ou os desprazamentos a pé. A filosofía deste modelo non é eliminar os coches senón fomentar un uso racional dos mesmos. Por iso, o programa tamén proporciona solucións de aparcamento para aquelas persoas que necesariamente teñen que utilizar o vehículo a motor.

O Concello de Vilagarcía leva anos desenvolvendo este modelo de cidade, unha filosofía que quedará perfectamente definida co marco estratéxico que suporá o Plan de Mobilidade Urbana Sostible que está previsto aprobar nos vindeiros meses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -