_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
O persoal municipal recibe formación en primeiros auxilios e uso de desfibriladores

O persoal do Concello de Vilagarcía comeza hoxe a recibir formación en primeiros auxilios e uso de desfibriladores. Os técnicos do Servizo Municipal de Emerxencias serán os encargados de impartir as sesións que combinan contidos teóricos con prácticos co obxecto de que os traballadores e as traballadoras adquiran os coñecementos básicos para actuar ante unha situación de urxencia que poida producirse nas dependencias municipais e saiban asistir a unha persoa en parada cardíaca ou respiratoria ata o momento da chegada dos servizos médicos.
09.09.2024.- O plan formativo comeza hoxe coa sesión que recibirá o profesorado do Conservatorio Municipal e mañá será a quenda do equipo docente da Escola Municipal de Música. O programa estenderase a todos os servizos municipais, continuando a semana que vén co plantel da Biblioteca e, de seguido co do das prazas de abastos e a Fundación Municipal de Deportes.
Para impartir as clases, o persoal de Emerxencias servirase de audiovisuais explicativos na parte teórica, e cos manequíns médicos e os equipos DESA similares aos que existentes nas instalacións municipais, para a realización de prácticas.

Dado que dunha atención axeitada nos primeiros minutos pode depender a vida dunha persoa que sufra unha parada respiratoria ou cardíaca, a formación en primeiros auxilios ofrecerase tamén á poboación en xeral, con sesións e demostracións a pé de rúa nas que poderán participar todas as persoas que o desexen. Esta tarde, entre as 16 e as 19 horas, Emerxencias realizará unha destas sesións na Praza da II República, e nas seguintes semanas do mes haberá actividades similares nas prazas de Vilaxoán, Carril e no centro de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -