_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
TURISMO
O Concello promociona a Ruta Mariñeira de Vilaxoán a Carril con vinte obradoiros de cociña

Os produtos do noso mar e da terra por el bañada, así como a gastronomía típica da zona son on ingredientes principais que utilizará o Concello de Vilagarcía para promocionar a Ruta Marineira de Vilaxoán a Carril. Será mediante o programa “O noso mar no teu prato”, un ciclo de obradoiros de cociña destinados ao público en xeral e a hostaleiros da cidade, que impartirá Xoanqui Ameixeiras e contará con coñecidos cociñeiros da cidade como convidados especiais. A actividade financiada polo Galp consiste na celebración de vinte showcookings a desenvolver de setembro a novembro nas prazas de abastos de Vilagarcía e Vilaxoán e na lonxa de Carril.
09.09.2024.- O programa é unha iniciativa promovida polas concellerías de Promoción Económica e de Turismo, que dirixe Álvaro Carou. O edil acompañou al alcalde, Alberto Varela, na presentación dos obradoiros, un acto celebrado na zona gastronómica da Praza de Abastos de Vilagarcía, onde de desenvolverán parte das actividades, e que contou coa presenza de Xoanqui Ameixeiras e dos cociñeiros José Dieste (Derby), Carmela Armas (Pepe Quilé), Rubén García (CEIP A Lomba), Marcela Diz (cociñeira e formadora). Escusou a súa presenza Richar Santamaría (La Malquerida), que tamén será un dos convidados aos obradoiros.

As sesións de cociña son gratuítas e están abertas a todo o público sen necesidade de inscrición. Os asistentes poderán aprender a cociñar receitas a base dos produtos de proximidade que se poden adquirir nos mercados públicos da cidade. Segundo explicou Xoanqui, tamén se lles explicarán novas técnicas ou formas de tratar o produto local e de sacar o mellor rendemento ao de tempada. Ameixeiras engadiu que “eu tamén veño aberto a aprender, porque pola experiencia dos obradoiros do ano pasado, á xente tamén me ensina a min moitas cousas”.
Ademais dos obradoiros para adultos impartiranse dous para público infantil, así como sesións formativas para profesionais do sector da hostalaría de Vilagarcía.

Calendario

Os once obradoiros “Cociña da Ría” celebraranse na Praza de Abastos de Vilagarcía os días 12, 13, 19 e 26 de setembro; o 3, 4, 10, 24 e 31 de outubro e o 14 e 21 de novembro. Comezarán ás 11.30 horas.

Tamén na zona gastronómica do mercado vilagarcián terán lugar as sesións “Hoxe cociñamos cun chef da vila”. En setembro os convidados serán Richar Santamaría (o día 20) e José Dieste (29), en outubro serán Carmela Armas (11) e Rubén García (25), e en novembro Marcela Diz (o día 13).

O showcooking na lonxa de Carril terá lugar o 5 de outubro e o da Praza de Abastos de Vilaxoán o 19 do mesmo mes. En ámbolos dous casos comezarán ás 11.30 horas e haberá actividades de dinamización a cargo da compañía de Nelson Quinteiro. Ademais, en Carril tamén se realizarán obradoiros de marisqueo a cargo sa asociación Amarcarril.

Por último, as sesións formativas para hostaleiros desenvolveranse na Praza de Abastos de Vilagarcía durante o mes de novembro.

O Concello de Vilagarcía dispón dunha subvención de 41.368,95 euros do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) para financiar este programa de promoción da Ruta Marilñeira de Vilaxoán a Carril.

O proxecto tamén inclúe a publicación dun libro das receitas elaboradas nos obradoiros e a recuperación da Feira das Tapas en colaboración co sector hostaleiro de Zona Aberta.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -