_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Praza de Abastos de Vilagarcía estreará o novo servizo de taquillas intelixentes refrixeradas antes de fin de ano

A Praza de Abastos de Vilagarcía estreará antes de que finalice o ano o novo servizo de taquillas intelixentes refrixeradas destinadas a facilitar as compras á clientela do mercado público municipal. A Xunta de Goberno Local adxudicou esta semana o subministro e instalación dos equipos á empresa Vofadone España SAU por importe de 46.101,12 euros (IVE incluído). Ademais de rebaixar o prezo de licitación en 14.398,88 euros, a oferta inclúe como melloras o incremento de 3 anos adicionais aos períodos de garantía e de soporte. A adxudicataria dispón do prazo de 2 meses para adxudicar a obra.
12.09.2024.- A instalación das taquillas intelixentes é unha iniciativa que pon en marcha a Concellería de Promoción Económica para continuar modernizando e mellorando a Praza de Abastos. A acción finánciase con fondos Next Generation concedidos ao programa Vilagarcía Viva no marco do Plan Estatal de Recuperación, Transformación e Resiliencia e dentro da liña de proxectos de mellora, revitalización e resiliencia de mercados tradicionais e zonas comerciais urbanas.

Descarbonización e economía circular

O novo equipamento ten como finalidade mellorar a experiencia de compra do cliente e evitar desprazamentos innecesarios co obxectivo de reducir as emisións de CO2, seguindo as políticas europeas que buscan a sustentabilidade e promoven a economía circular.

Ademais, as taquillas implementarán os servizos do mercado público e contribuirán a dinamizalo e a potenciar a súa actividade, xa que o sistema previsto facilitará a recollida flexible dos pedidos fora do horario comercial e, dado que terán sistema de refrixeración, garantindo a frescura e a óptima condición dos produtos.

Para que isto sexa así, o equipamento a instalar estará fabricado integramente en aceiro e formado por 15 taquillas individuais, 10 das cales contarán con sistema de refrixeración (graduable de 2 a 8 grados centígrados) e 5 serán neutras, a temperatura ambiente. Todos os compartimentos deberán contar con pantalla táctil, lector QR e teclado para introducir códigos de forma manual. Os casilleiros deben ser estancos, estar perfectamente illados, ter sistema anti condensación e ser de baixo consumo. O sistema será robusto, antivandálico e apto para resistir ao aire libre.

O contrato inclúe o subministro, instalación, hardward, softward, posta en marcha e soporte do sistema modular das taquillas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -