_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Arrancan na Praza de Abastos os obradoiros de cociña “O noso mar no teu prato”

O ciclo de obradoiros de cociña “O noso mar no teu prato”, organizado polas concellerías de Turismo e Promoción Económica, arrancan hoxe e mañá no espazo gastronómico da Praza de Abastos de Vilagarcía. A partir das 11.30 horas, Xoanqui Ameixeiras compartirá o seu saber sobre os produtos e as receitas típicas da nosa zona con todas as persoas que desexen achegarse ata o mercado público. O ciclo para promocionar a gastronomía da Ruta Mariñeira de Vilaxoán a Carril continuará o xoves e o venres da semana que vén con outros dous showcookings no mercado público.
12.09.2024.- O programa “O noso mar no teu prato”, é unha actividade financiada polo Galp. As sesións de cociña son gratuítas e están abertas a todo o público sen necesidade de inscrición. Os asistentes poderán aprender a cociñar receitas a base dos produtos de proximidade que se poden adquirir nos mercados públicos da cidade. Tamén se lles explicarán novas técnicas ou formas de tratar o produto local e de sacar o mellor rendemento ao de tempada.

Ademais dos obradoiros para adultos impartiranse dous para público infantil, así como sesións formativas para profesionais do sector da hostalaría de Vilagarcía.
O ciclo, que se prolongará ata mediados de novembro, pasará tamén pola Praza de Abastos de Vilaxoán e a lonxa de Carril, onde ademais haberá actividades de dinamización a cargo da compañía de Nelson Quinteiro e, no caso de Carril, obradoiros de marisqueo.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -