_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O arranxo da ponte de madeira do parque da Coca complementará a intervención proxectada na pérgola

A Concellería de Medio Ambiente continúa proxectando melloras no Parque da Coca. Despois de contratar a redacción do proxecto para restaurar a pérgola que cubre o parque infantil, agora vén de ordenar a compra do material necesario para arranxar a ponte peonil de madeira que existe no paseo fluvial. A Xunta de Goberno Local xa aprobou o gasto para esta actuación, suma que ascende a 7.570 euros. Os traballos realizaranse tan pronto como sexa subministrado o pedido.
12.09.2024.- Esta última intervención na Coca enmárcase nas tarefas de conservación e mantemento dos parques espazos naturais que leva a cabo servizo de Medio Ambiente do Concello. Froito da revisión periódica das instalacións detectouse que a madeira da ponte se atopaba bastante afectada pola humidade, con presenza de podremia en algúns puntos que fai preciso substituír o material antes de rompa a estrutura ou o deterioro supoña un risco para os peóns.

No que á pérgola se refire, o Concello contratou coa firma JH. Arkmo a redacción da avaliación do estado da estrutura e o proxecto técnico para a súa restauración, así como a dirección de obra. O documento, no que se concretará o custe da intervención a realizar, entregarase nos vindeiros días. Dado que o Concello xa ten reservada partida económica nos orzamentos de 2024, os traballos licitaranse de inmediato, co obxectivo de que se executen coa maior brevidade.

As dúas intervencións previstas nas vindeiras semanas na Coca súmanse á restauración das pérgolas dos parques Miguel Hernández e da Xunqueira executadas este mesmo ano e tamén ao recente arranxo da ponte de madeira que atravesa o río Con á altura deste último parque.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -