_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Amplíase ata o día 20 a inscrición no curso de Competencias Clave para mulleres en situación de vulnerabilidade

.- O Concello de Vilagarcía informa de que se amplía ata o día 20 de setembro o prazo para inscribirse no curso sobre de Competencias Clave destinado a mulleres en situación de vulnerabilidade e que organiza a Área de Igualdade. A actividade ten como obxectivo mellorar o acceso á formación profesional acreditada e á empregabilidade das alumnas e impartirase do 1 de outubro ao 25 de novembro. A participación é de balde e ofértanse 15 prazas.
13.09.2023.- O curso, de nivel 2, ten unha duración de 176 horas lectivas e o temario repártese en dous módulos (matemáticas e lingua galega), dos tres necesarios para adquirir a formación acreditativa das competencias clave. Para o vindeiro ano impartirase o módulo restante, o relativo á lingua castelá. A realización desta formación completa permite acceder aos certificados de profesionalidade que facilitan o acceso ao emprego.
A actividade enmárcase no Plan de Igualdade do Concello e conta cunha achega do Plan Máis Provincia da Deputación.
As interesadas poden anotarse nas dependencias de Igualdade entregando debidamente cuberto o formulario que poden descargar do taboleiro de anuncios da web municipal ( http://www.vilagarcia.gal ) e na sede (sede.vilagarcia.gal), ou solicitar nas mesmas dependencias municipais e na academia Kaeme.

No caso de que a cifra de solicitudes superase á de prazas dispoñibles, estas concederanse atendendo á valoración por parte do persoal da área, en base aos criterios de vulnerabilidade das mulleres: vítimas de violencia de xénero, paradas de longa duración, mulleres con discapacidade, ingresos mensuais, responsabilidades familiares…, entre outras.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -