_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O circuíto de puntos limpos móbiles estrea doce novas paradas en zonas do rural

O Concello de Vilagarcía segue implementando os medios e servizos para unha óptima xestión dos residuos sólidos urbanos. Co obxectivo de facilitar que toda a poboación do municipio recicle debidamente e contribúa a coidar o medio ambiente, o circuíto de puntos limpos móbiles estrea a partir desta semana doce novas paradas en zonas do rural co que, os cinco remolques adaptados para a recollida de residuos non convencionais e contaminantes rotarán por un total de 24 localizacións de todo o municipio.
16.09.2024.- As novas paradas dos puntos limpos móbiles nas zonas do rural estarán en A Laxe (Casa da Cultura), Aralde (Rúa Mestres Trigo e Pazos), Bamio (Campanario Farmacia), Castroagudín (Fonte), Cornazo (Os Borrizos), Guillán (Santa María), O Vento (marquesiña autobús), Renza (Campo da Festa), Rubiáns (Casa da Cultura), Trabanca Sardiñeira (Nosa Señora dos Anxos) e Solobeira (O Sisto).

En todos estes puntos instalarase un panel informativo sobre o uso do punto limpo e no que figurará un código QR para acceder ao mapa virtual coas localizacións xeolocalizadas de todas as paradas.

Dous tipos de remolques

Os remolques que funcionan como puntos limpos móbiles son de dous tipos. Para as zonas rurais usaranse os de formato máis pequeno, adaptado a espazos reducidos, e que contan con sete compartimentos diferenciados e estancos para o depósito dos residuos xerados con máis frecuencia nas nosas vivendas, como pequenos electrodomésticos, aparellos electrónicos, pilas ou plásticos duros. O outro modelo, o máis grande e que se utiliza para as zonas urbanas máis densamente poboadas, conta con catorce compartimentos para distinto tipo de materiais e inclúe tres bocas para depositar envases lixeiros, papel-cartón e vidro, a modo de reforzo aos contedores convencionais de rúa.

Desprazamentos para maior operatividade

En canto ás paradas xa operativas dos puntos limpos móbiles, despois de varios meses en funcionamento detectouse a necesidade de realizar pequenos desprazamentos dos remolques en algunhas zonas coa finalidade de mellorar a funcionalidade do servizo e achegalo a maior número posible de veciños. Os cambios realizados

son da Praza da Constitución á Avda. Rivero de Aguilar (rotonda do Ramal); da Praza de Abastos á Praza de Galicia; de Sobradelo á Praza Riba de Vila (Vilaboa); da Praza de España á Rúa López Cuevillas (lateral do Centro Comercial Arousa) e da Torre a Trabanca Badiña (Xardíns Dr. Carús). No Piñeiriño e na Avda. Rodrigo de Mendoza desprazáronse só uns metros da anterior localización. En Rosalía de Castro, Praza de Ravella, Carril, As Carolinas e Vilaxoán continúan no mesmo sitio.

O calendario coas paradas do circuíto e os horarios, así como toda a información sobre o servizo dos puntos limpos móbiles pódese consultar ba páxina web medioambiente.vilagarcia.gal ou no QR dos paneis.

Punto Limpo de Pinar do Rey e recollida de voluminosos

Lémbrase que tamén está a disposición da veciñanza de Vilagarcía o Punto Limpo fixo de Pinar do Rei, en horario de luns a sábado de 10 a 14h e os martes, xoves e sábados tamén de 16 a 20.30h. Por outra banda, tamén se pode solicitar a recollida de voluminosos a domicilio e restos de poda, previa solicitude obrigatoria no teléfono 986501617. Prégase a colaboración da veciñanza para que non baixen residuos ás rúas sen pedir cita e, en caso de tela, que o fagan o día e no horario establecido, nunca antes.

CALENDARIO DE PUNTOS LIMPOS MÓBILES

LUNS (8am a 7am do día seguinte)
PRAZA RAVELLA
CASTROAGUDÍN (Fonte)
GUILLÁN (Sta. María)
TRAB. BADIÑA (Xardíns Carús)

MARTES (8am a 7am do día seguinte)
ROSALIA DE CASTRO (museo Ferrocarril)
CARRIL (fronte Pz. Liberdade)
TRAB. SARDIÑEIRA (Nsa. Señora dos Anxos)
BAMIO (Campanario- Farmacia)

MÉRCORES (8am a 7am do día seguinte)
AV. RIVERO DE AGUILAR (rotonda)
AS CAROLINAS (Rúa Florida)
O VENTO (marquesiña bus)
FAXILDE (Rúa San Martín)

XOVES (8am a 7am do día seguinte)
O PIÑEIRIÑO (Rúa Gil Casal)
CC AROUSA (Rúa López Cuevillas)
ARALDE (Rúa Mestres Trigo e Pazos)
RUBIÁNS (Casa da Cultura)

VENRES (8am a 7am do día seguinte)
VILAXOÁN (Pz. Rafael Pazos)
VILABOA (Pz. Ribadevila)
RENZA (Campo da Festa)
SOLOBEIRA (O Sisto)

SÁBADO (8am a 7am do día seguinte)
AV. RODRIGO MENDOZA (paseo)
PRAZA DE GALICIA
CORNAZO (Os Borrizos)
A LAXE (Casa da Cultura)





4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -