_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía recadará fondos para os damnificados da guerra de Ucraína cunha andaina e unha carreira solidarias

Vilagarcía segue dando mostras de solidariedade, neste caso coa poboación de Ucraína e a través dunha iniciativa deportiva organizada pola asociación Arousa Moza e AGA-Ucraína en colaboración co Concello de Vilagarcía. Trátase da I Carreira e Andaina por Ucraína que se desenvolverá o sábado 21 de setembro pola tarde co obxectivo de recadar fondos para destinar á adquisición de audífonos e próteses para persoas feridas no conflito bélico. A iniciativa enmárcase no proxecto europeo Futuro Sereno, a través do que se desenvolven outras accións solidarias en España e Polonia. A inscrición e os donativos pódense facer a través da web emesports.es
16.09.2024.- A actividade está aberta á participación de calquera persoa de calquera idade e case de calquera condición física, xa que a andaina non é competitiva e realizarase por un traxecto totalmente plano, e na carreira pódense facer distintas distancias en función das idades dos participantes.

A andaina comezará ás 16.30 horas na explanada do Auditorio, onde os participantes deben estar 15 minutos antes. Deberán cubrir un traxecto de 11 quilómetros, dirixíndose cara Carril polo paseo marítimo. Darán a volta no faro do peirao carrilexo para regresar polo mesmo camiño e continuar por beiramar ata o faro do porto de Vilaxoán, para volver ata o punto de partida, onde rematará o paseo. A inscrición na andaina é de 8 euros os adultos e 6 os menores de 14 anos.

A carreira disputarase en varias categorías con saída dende a explanada do Auditorio a partir das 20.00 horas. Os corredores sub 10 (nados no ano 2015 e posteriores) cubrirán unha distancia de 1 quilómetro. Os sub 12 e sub 14 farán 2 quilómetros, os sub 16 e sub 18, 3 e os participantes na categoría absoluta deberán correr 10 quilómetros. Aínda que será unha proba solidaria e sen afán competitivo, os deportistas que desexen aproveitala de forma máis profesional a modo de adestramento disporán de chips oficiais para o control de tempos. Ademais a organización entregará trofeos aos primeiros clasificados de cada categoría. A inscrición na carreira é de 6 euros para os menores de 14 anos e 12 euros para o resto de participantes.

O prazo para anotarse na andaina ou na carreira está aberto ata as doce da noite do xoves 19 de setembro. No momento de formalizar a inscrición na web emesports.es xa se debe abonar a cota de participación. As persoas que desexen colaborar na causa solidaria co pobo ucraíno sen tomar parte nas probas poderán facelo igualmente realizando a súa doazón a través da mesma web.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -