CULTURA
O cartel do CURTAS 24 mestura a literatura fantástica de Lovecraft coa historia vilagarciá e a tradición galega A organización do CURTAS- Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa vén de presentar a imaxe do certame deste ano. Obra do artista arxentino Flavio Greco Paglia, o cartel mestura a literatura fantástica e de terror de Lovecraft, coa historia vilagarciá e a tradición galega. De feito, Cthulhu, a criatura cósmica -parte polbo, parte dragón, parte humana-, creada polo escritor estadounidense protagoniza a ilustración na que tamén aparecen un barco pesqueiro galego e un buque da Royal Navy.
18.09.2024.- Coa presentación do cartel comeza a contra atrás para o inicio a nova edición do CURTAS, que se desenvolverá do 24 de outubro ao 2 de novembro. O Concello de Vilagarcía é o principal patrocinados do evento deste certame internacional dos xéneros audiovisual e fantástico.
Segundo explica a organización do evento, a ilustración de Flavio Grego Plagia para o CURTAS- Festival do Imaxinario celebra a obra do escritor de Providence, e conmemora o 150 aniversario da chegada da armada inglesa a Vilagarcía. "Un océano separa a Providence de Villagarcía de Arosa, pero las profundidades a veces también unen", comenta Flavio. "Lovecraft y Curtas se encuentran este año y el gran Cthulhu es el nexo perfecto. Queda rogar que no se fastidie demasiado con los humanos cuando descubra el pulpo a la gallega. La mesa está servida, veremos quién será el plato principal".
Pola súa banda Luis Rosales, director do festival, comenta: "A imaxineria de Lovecraft cobra vida en Galicia. As nosas costas e paisaxes, que xa foron escenario para adaptacións da súa obra, síntense perfectamente sincronizadas coas súas narracións. Polo que resulta perfectamente natural celebrar a nosa historia, así como as nosas tradicións e costumes máis ancestrais, dotándoas dun halo de horror cósmico lovecraftiano".
Co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Diputación de Pontevedra, o CURTAS Festival do Imaxinario celebrarase do 25 de outubro ao 2 de novembro en Vilagarcía de Arousa para ofrecer unha selección do mellor fantástico internacional.