_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O XIII Triatlón Concello de Vilagarcía celebrarase o domingo 29 de setembro coa participación de 80 equipos

O deporte volverá a invadir as rúas de Vilagarcía o domingo 29 de setembro para a celebración do XIII Triatlón Concello de Vilagarcía. A data confirmouse a semana pasada tras asegurar a empresa concesionaria da obra de Augas de Galicia que o tramo da avenida Valle Inclán estará totalmente despexado e acondicionado para ese día e en perfectas condicións para garantir a seguridade dos participantes na proba deportiva. Como se sabe, a competición está prevista inicialmente para 1 de setembro pero dado que as obras do saneamento ocupaban parte da calzada, por motivos de seguridade e salvagardar a integridade dos ciclistas, decidiuse pospoñer ao domingo 29.
19.09.2024.- Resolto este obstáculo, a Fundación Galega xa confirmou hai días aos clubs da comunidade autónoma a celebración do XIII Triatlón Concello de Vilagarcía, competición para os que a principios de mes estaban inscritos 81 equipos masculinos e femininos das categorías absoluta, open e escola. Ademais, a proba forma parte do circuíto do Campionato Galego por equipos contra reloxo.

As distancias a cubrir adaptaranse a cada categoría. Así, no Campionato Galego absoluto e no Open os participantes deberán nadar 750 metros, completar 20 quilómetros en bicicleta e correr outros 5 a pé. Na modalidade escolar, a proba de natación terá unha distancia de 300 metros, a ciclista de 10 quilómetros e a carreira pedestre, de 2,5.

O evento organizado pola Fundación Municipal de Deportes volverá a ter como epicentro Vilaxoán, xa que a proba de natación realizarase en augas do peirao desta localidade e alí establecerase tamén a liña de saída e meta dos circuítos das carreiras ciclista e pedestre. O circuíto de ciclismo comezará na transición situada na explanada da rúa Preguntoiro pola rúa do Peirao, xirando á esquerda por Avelina Nogueira, para continuar pola rúa Víctor Pita e Valle Inclán ata o punto de retorno situado á altura da rúa Alexandre Bóveda, xa en Vilagarcía, dende onde se regresará de novo por Valle Inclán, continuando por Víctor Pita e rúa Preguntoiro.

Por último a carreira a pé establécese nun circuíto de dúas voltas para a proba absoluta, comezando dende a zona de transición do peirao de Vilaxoán ata o punto de retorno, regresando polo mesmo porto e continuando pola rúa Preguntoiro ata o final da mesma.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -