_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e UPTA Vilagarcía comparten as súas respectivas propostas para dinamizar a praia da Concha-Compostela

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Álvaro Carou, recibiron esta mañá no Concello ao presidente nacional da UPTA, Eduardo Abad, e aos directivos da asociación local, Jesús Diéguez e Reyes Casabella, no marco das reunións periódicas que o goberno local mantén con colectivos socioeconómicos co obxecto de pulsar a súa opinión e establecer vías de diálogo permanente respecto a asuntos de interese colectivo para o municipio.
20.09.2024.- O encontro centrouse principalmente na dinamización da praia da Concha-Compostela, un obxectivo no que o executivo socialista vén traballando dende hai anos, e que a asociación de trabalaldores autónomos tamén considera esencial para o desenvolvemento económico e turístico da cidade.

Os directivos de UPTA comparten a visión do goberno local de que o areal urbano de Vilagarcía é un recurso de gran valor e cun enorme potencial que se debe aproveitar. Igual que o proxecto municipal, os autónomos defenden que a dinamización da praia pasa por convertela nun centro de ocio no que, ademais dos usos convencionais como zona de baño e paseo, teñan cabida o deporte, as actividades lúdicas e culturais e a hostalaría.

Esta visión xeral coincide co xa anunciado por Varela ao remate das labores de rexeneración medioambiental levadas a cabo por Costas do Estado este ano para erradicar o cadillo e mellorar a calidade da area. De feito, o Concello ten previsto habilitar zonas deportivas con equipamentos desmontables para a práctica de fútbol e voley praia, así como continuar potenciando A Concha-Compostela como escenario de actividades culturais. En canto ás instalacións deportivas, as ideas tamén son coincidentes en canto á distribución de distintos espazos ao longo do areal mediante a instalación de elementos desmontables e lixeiros.

A favor de concertos e festivais na primeira parte do areal

A proposta de UPTA tamén coincide co proxecto municipal en canto á idoneidade de celebrar concertos e festivais na praia como elemento dinamizador e por tratarse dun espazo amplo e axeitado para este tipo de actividades. O colectivo de Abad Sabarís delimita o espazo situado entre o peirao do Ramal e o parque da Concha – a parte máis ancha do areal- como a zona apropiada a esta finalidade.

Concello e UPTA tamén comparten a necesidade de potenciar a instalación de establecementos hostaleiros na zona da praia durante a temporada de verán para aproveitar un enclave atractivo de por si, pero que o sería aínda moito máis de dispor de máis oferta.

Alberto Varela valorou o encontro cos responsables de UPTA como moi positivo, e salientou a actitude construtiva e proactiva da organización, á que agradeceu a súa disposición a traballar conxuntamente co Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -