_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello informa dos requisitos para acceder á formación remunerada do obradoiro FORME 24

A Concellería de Formación e Emprego de Vilagarcía informa dos requisitos que deberán cumprir as persoas que desexen acceder á formación remunerada que o Concello ofrecerá a partir de decembro a través do obradoiro dual FORME 24. O programa contará coas especializades de Carpintería e moble e de Albanelería e acabados, terá unha duración de 9 meses e habilitara aos participantes a obter os respectivos certificados de profesionalidade de nivel 1 e 2. En cada un dos módulos poderán participar 10 persoas desempregadas maiores de 18 anos e que cumpran co resto dos requisitos especificados na orde autonómica que regula estas iniciativas de fomento do emprego.
23.09.2024.- O Concello de Vilagarcía ten previsto remitir a oferta ao Servizo Público de Emprego de Galicia (antigo INEM) a principios de outubro para iniciar co proceso de selección do alumnado que participará no obradoiro. Co obxectivo de que as persoas interesadas dispoñan de tempo suficiente para actualizar os seus datos ante este organismo e ter dispoñible a documentación necesaria, a Concellería de Emprego informa dos criterios de selección e os requisitos esixidos para poder participar no FORME 24.

Ademais de ter cumpridos os 18 anos e ser desempregados, os interesados deben estar rexistrados no Servizo Público de Emprego de Galicia, que é o organismo que convocará aos participantes no proceso de selección.

En canto aos requisitos de formación, os aspirantes deben dispor do título da ESO ou ben estar en condición de acceder a ciclos formativos de grao medio, ter superado as probas de acceso convocadas polas administracións educativas ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou de 45 anos.

Tamén poderán acceder ao obradoiro de emprego as persoas que teñan os certificados de profesionalidade do mesmo nivel ou de nivel 1 da mesma familia da área profesional do módulo ao que queren acceder, así como aqueles que teñan o certificado de aptos nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2.

Consulta aqui todos os reuqisitos:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -