_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
As subvencións do Concello ás comunidades de montes permitiron este ano acondicionar 46 hectáreas forestais

As axudas municipais creadas polo Concello de Vilagarcía para preservar as masas arbóreas do municipio e previr incendios forestais permitiu este ano acondicionar outras 46 hectáreas de monte. Esta foi a superficie afectada polos traballos de limpeza, rozas e podas executados polas comunidades de montes do municipio nos seus respectivos terreos e que se financiaron cos 83.000 euros repartidos polo Concello no marco desta liña de subvencións. As 10 comunidades de montes en man común existentes en Vilagarcía recibiron subvención.
24,09.2024.- Todos os proxectos presentados este ano consistiron na realización de tarefas de roza –manual ou mecánica, segundo as características do terreo e o tipo de árbores- , podas, rareos, selección de gromos, trituración e eliminación de restos.

A Comunidade de Montes de Guillán foi a que este actuou nunha maior superficie de monte, acondicionando 7,6 hectáreas e limpando beiravías en algo máis de 5 quilómetros de camiños forestais. Esta última actuación, ademais de eliminar material de combustión, permite manter as pistas en condicións de ser utilizadas en caso de ser necesaria a intervención de vehículos de extinción de incendios. Polo traballos realizados, esta entidade recibiu unha subvención de 8.813 euros.

A superficie forestal sobre a que se actuou en Bamio sumou 7,52 hectáreas , para o cal se concedeu unha axuda de 7.000 euros. Pola súa banda, os comuneiros de Fontecarmoa acondicionaron 6,52 hectáreas dos seus montes e recibiron unha achega de 5.065 euros, mentres que os de Rubiáns, foron subvencionados con 8.299 euros que destinaron ao mantemento e conservación de 5,13 hectáreas de monte e limpeza de 800 metros de pistas.

De 8.337 euros foi a axuda concedida polo Concello á comunidade de Montes de Trabanca Sardiñeira, fondos que serviron para financiar a roza de distintas parecelas comunais, sumando un total de 3,7 hectáreas. Os proxectos financiados en Cea cos 8.613 euros concedidos polo Concello destináronse ao mantemento de 2,97 hectáreas de monte, mentres que en Cornazo-Solobeira, cunha axuda de 8.482 euros traballouse en outras 2,83 hectáreas.
Por último, os comuneiros de Loenzo aproveitaron as subvencións municipais de 2024 para manter en perfecto estado 2,74 hectáreas de superficie forestal cunha achega de 8.779 euros; e os de Trabanca Badiña investiron os 8.670 euros da axuda a conservar outras 2,67 hectáreas.

O Concello de Vilagarcía, a través da Concellería de Medio Ambiente, leva xa varios anos colaborando coas comunidades de montes do municipio mediante esta liña de axudas creada para contribuír a que os nosos montes se manteñan limpos para previr e reducir os riscos de incendios forestais e garantir así a conservación e o efecto positivo que as grandes masas forestais teñen no medio ambiente e na calidade de vida das persoas que viven nas súas contornas.
A iniciativa municipal tamén financia actuacións de repoboación, mediante plantacións de especies autóctonas e outras labores de silvicultura, co obxectivo de recuperar terreos arrasados polo lume e evitar a desertización do terreo.

E en materia de prevención, tamén son subvencionables proxectos destinados á construción de equipamentos para a loita contra o lume (construción de alxibes ou depósitos de auga), e mesmos para a redacción dos estudos arqueolóxicos precisos para autorizar certas intervencións nos montes, dada a existencia de numerosos xacementos na zona.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -