EMPREGO
O Vives Emprega inicia novos cursos formativos para persoas desempregadas A Asociación Acción Contra el Hambre pon en marcha unha nova edición do programa de emprego que desenvolve en Vilagarcía coa colaboración co Concello, que financia o proxecto a través dun convenio dotado con 17.000 euros. No marco do Vives Emprega, organización que traballa dende o Auditorio Municipal impartirá en setembro dous talleres formativos e en outubro desenvolverá dous cursos con prácticas para o desempeño dos oficios de Dependente polivalente (Caixa e reposición) e Expendedor/a de Gasolinea. Os interesados en recibir esta formación gratuíta deben preinscribirse chamando ao teléfono 690134584 ou escribindo ao mail rvidal@accioncontraelhambre.org
25.08.2024.- Bono para ir ao ximnasio
Nesta nova temporada Acción Contra el Hambre pon en marcha o programa Vives Emprega Saudable enfocado, como sempre, a persoas en situación de desemprego. A primeira das actividades que inclúe é o Taller de Foto, Currículo vitae e marca persoal, que se imparte hoxe pola mañá no Auditorio. E o luns 30 de setembro celebrase o obradoiro de Benestar emocional, alimentación equilibrada, actividade física e a súa relación co Emprego. Ademais, esta última actividade inclúe un bono para que os participantes poidan acudir ao ximnasio ata decembro de xeito gratuíto.
Dentro das actividades formativas para mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, no mes de outubro iniciaranse os cursos con prácticas nas especialidades de dependente polivalente (caixa reposición) e de Expendedor/a de gasolineira.
Todas as actividades incluídas no programa Vives Emprega Saudable – Vilagarcía son de balde grazas á financiamento do FSE+, Xunta de Galicia e Concello de Vilagarcía.