_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
Vilagarcía recibiu durante o verán 198.000 visitantes, cun incremento do número de turistas do 35%%

O Concello de Vilagarcía viviu un verán de récord, cando recibiu 198.000 visitantes. Destes, 42.000 se consideran turistas (aqueles que pernoctaron), o que supón un incremento do 35% respecto do ano anterior. Os datos, avaliados pola Mancomunidade do Salnés a través dunha aplicación que se basea no tráfico de teléfonos móbiles, supoñen un referendo ás políticas desenvolvidas polo goberno local, segundo valorou o alcalde, Alberto Varela. “Vilagarcía é unha cidade atractiva, activa e dinámica e as cifras así o reflicten”, resumiu.
28.09.2024. A diferenza entre “visitantes” e “turistas” é que os primeiros están nun día determinado na cidade e os segundos pernoctan. Os datos son fiables por canto o seu cálculo faise rastreando os dispositivos móbiles de telefonía. Deste xeito, no primeiro caso foron 198.000 (+ 4%) e no segundo, 42.000 (+35,56%). Os días de aloxamento se incrementaron, de algo máis de dous días a catro este ano. As xornadas de máis afluencia coincidiron coas festas: na Festa da Auga participaron 45.000 persoas; no Combate Naval, 22.000; e na Festa da Ameixa, 21.000, por poñer só tres exemplos dos que amosaron Alberto Varela e o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou.

“Somos unha cidade no que predomina o sector servizos e dentro destes, o comercio e a hostalería son esenciais, de xeito que o turismo supón un retorno económico moi importante”, argumentou o alcalde, para quen o éxito deste ano, que se suma ao dos anteriores, se xustifica porque Vilagarcía é unha cidade pensada para as persoas e as familias, con multitude de actividades durante todo o ano, non só durante o estío, algo que a diferenza doutros concellos de Galicia e tamén de España. A iso súmanse as políticas de humanización de rúas e prazas e de fomento do transporte público, con especial incidencia no ferrocarril, “que pon a Madrid de Vilagarcía en tres horas e media e un café”. Neste sentido, o alcalde reclamou de novo unha mellora das comunicacións na comarca, algo que se escapa das competencias dos propios concellos afectados.

En canto á procedencia de visitantes e turistas, os datos recollidos pola Mancomunidade reflicten que, como vén sendo habitual dende hai décadas, hai un maior peso das comunidades españolas, pero o número de estranxeiros segue incrementándose ano a ano. Portugal, Francia, Inglaterra, Alemaña e mesmo Estados Unidos figuran nese listado. “Creo que os vilagarciáns debemos felicitarnos, porque quen nos visita valora que sexamos unha cidade atractiva e cada vez mellor”.

O alcalde referiuse, por último, á pronta apertura do albergue de peregrinos do Carril, unha vez que a Xunta está a revisar o convenio proposto e xa ten a empresa que vai xestionar o servizo. Igualmente, ao controvertido asunto da taxa turística. Recoñecendo que hai concellos como Santiago ou mesmo O Grove que apostan por esa solución ao número crecente de visitantes, en Vilagarcía ese asunto “non está agora mesmo sobre a mesa, sen descartar que nun futuro se poida considerar”.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -