_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
A romaría Folk no Alobre mantén o programa pero as actividades de tarde pasan á Peixeira, polas malas previsións do tempo

A Romaría Urbana Folk no Alobre celebrarase mañá, como estaba previsto tras un primeiro aprazamento a causa da chuvia, pero dividirá as actividades en dúas sedes, de novo polas malas previsións meteorolóxicas. Deste xeito, e segundo informou a asociación organizadora, Pesdebarro, o programa da mañá manterase no parque do Castriño e o da tarde trasladarase á praza da Peixería.
28.09.2024. No programa definitivo consta, pois, que a romaría arrancará ás 11:00 horas co espectacular Ritual das Penas do Alobre, cunha visita ao castro e o parque Enrique Valdés Bermejo con Xurxo Souto e o grupo tradicional Os Demos da Petaca. Despois, ás 13:00 horas, comezará a sesión vermú con A Tropa do Trapo e o Contos de Nenas Grandes e Pequenas, con Marta Ortiz e Brais das Hortas. Unha hora despois será o tempo do "xantar demorado", amenizado por grupos tradicionais.

Trala comida, a actividade trasladarase á praza da Peixería. Dende as 16:00 ofrecerase un obradoiro, "Bailar cando os tempos", con Carme Cambo e Chús Caramés. A partir das 17:00 horas, e baixo a cuberta da Peixería, comezarán os concertos, cun cartel no que figuran as Pendareteiras Pesdebarro, a Asociación Cultural Nós de Sobradeo, Bailai Malditos, Tiruleque e Os d´abaixo.

O Folk no Alobre é un evento aberto e gratuíto organizado polo Concello de Vilagarcía e xestionado pola asociación Pesdebarro, coa colaboración de Corticata-Turismo Medioambiental.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -