_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
David Amor e Josito Porto, fronte a fronte na comedia "Go Home" que chegará ao auditorio o sábado 19

Os humoristas e actores David Amor e Josito Porto, este de Vilagarcía, estarán fronte ao fronte o vindeiro sábado 19 no auditorio de Vilagarcía, a partir das 20:00 horas. Será na representación da comedia "Go home", dirixida por Tito Asorey e producida por Etiqueta Negra. As entradas acaban de saír á venda, a un prezo único para as tres seccións do auditorio (A, B e C) de cinco euros. Como vén sendo habitual, os desempregados, os maiores de 65 anos e os titulares de carné xove poderán adquirir un ticket bonificado por unicamente 3 euros. Nun e noutro caso -entrada xeral ou bonificada- hai que incluír os gastos de xestións. Con todo, de non esgotarse, os pases poderán adquirirse o mesmo día do espectáculo na billeteira do auditorio neste caso sen gastos adicionais.
02.10.2024. Go Home conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias turísticas lle podían ofrecer. Todas menos unha: un viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levarao a pasar a noite no Cebreiro, comezando así unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo ou a sorpresa.

Complementando os papeis protagonistas de David Amor e Josito Porto, en "Go home" participarán tamén José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -