_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio organiza un curso de iniciación á música dirixido a nenos e nenas que cumpran oito anos en 2025

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa vai poñer en marcha de inmediato un novo Curso de Iniciación á Música destinado, principalmente, a nenos e nenas que cumpran 8 anos no 2025, é dicir, a aqueles que naceron en 2017. O curso terá unha hora de duración semanal, os martes de 18:00 a 19:00 horas, dende outubro de 2024 a maio de 2025.
03.10.2024. Susana Blanco Novoa, Titulada Superior de Violonchelo polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, doutora en Educación e profesora do centro vilagarcián será a encargada de coordinar a experencia. Contará ao longo do curso académico coa colaboración do claustro de profesores do Conservatorio, todos eles titulados nas diferentes especialidades instrumentais que se imparten no centro e que farán posible que os nenos e nenas asistentes a este curso poidan ter un achegamento real aos diferentes instrumentos, probando, tocando, vendo e escoitando.

A finalidade deste curso é que o alumnado que asista ao mesmo adquira coñecementos básicos dun xeito lúdico e participativo a través da experimentación e do xogo, sentando así as bases correctas cara o ensino da música que posteriormente poderá cursar, ben sexa no Conservatorio, mediante as ensinanzas regradas conducentes a titulación oficial, ou noutros centros de ensino.

MATRICULACIÓN DO ALUMNADO
A matriculación do alumnado pode facer online ou de xeito presencial. Os inscritos deberán ter unha idade mínima de 7 anos cumpridos en 2024. A documentación a aportar pode descargarse da web do CMUS https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia / e deberá ser remitida ao correo electrónico secretaria@cmusvilagarcia.gal

PAGAMENTO DAS TAXAS
Unha vez recibida a solicitude de matrícula, o conservatorio remitirá por correo electrónico a cada solicitante o documento de liquidación das taxas do curso de Iniciación, por un importe anual de 82,65 €.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -